I Xornada Sobre Discapacidade

O vindeiro sábado 27 de xaneiro, as 16:00h terá lugar no Hotel Congreso en Teo as primeiras xornadas sobre discapacidade, organizadas polo gabinete psicoeductivo ETAPAS onde terá lugar unha mesa redonda con participación de representantes do concello de Teo, da Xunta, da USC e de Ramón Sestayo vicepresidente de COGAMI.

A segunda parte da xornada ofrecerá o visionado do filme “Vida” de Rubén Riós e a participación do director e os protagonistas.

A inscripción farase a través do número de conta ES40 2080 0318 1230 4000 7289 (Concepto: “Xornada Discapacidade”) ou no propio día ata completar aforo, tendo un costo de 20€ a xornada completa e 3€ só a película.

Este evento estará dirixido tanto a profesionais relacionados con esta temática como tamén a usuarios e familiares e outras persoas interesadas na integración.

Para máis información : etapasgabinetepsicoeducativo@gmail.com

 

One thought on “I Xornada Sobre Discapacidade

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *