“Un conto para papá” (2ª Edición) – Taller de escritura creativa

Un ano mais, volvemos a retomar a iniciativa de aproveitar unha data importante para nenos e pais, e así traballar a expresión oral e escrita, a caligrafía e ortografía e a creatividade, levando a cabo unhas actividades nas que os nenos aprenderán a elaborar de principio a fin as súas historias, ca motivación engadida que supón o facerlle un agasallo único ao seu pai polo día de San José.

Moitas veces non somos capaces de expresar de maneira verbal aquilo que sentimos, pero a través dun conto, un neno pode chegar a expresar mais fácilmente a sua visión emocional case sen darse de conta.

Levaremos a cabo este taller os días 16 e 17 de marzo, en horario de tarde (17.00 a 19.00) e terá un aforo limitado que nos permite adicar unha maior atención a cada neno/a. Se o teu fillo ten entre 6 e 12 anos e queres que participe no noso taller chámanos ao 686 26 94 24, ou envíamos un mail a etapasgabinetepsicoeducativo@gmail.com cos seguintes datos: nome, apelidos e idade do rapaz, o teu nome e tlf de contacto.

Esta actividade terá un custo de 8€ por neno e día, pero se xa acudiches a algún dos nosos talleres, consúltanos prezos especiais.

“A clave da educación non é enseñar… é despertar [Ernest Renan]

 

Girls on Desk Looking at Notebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *