Día DOWN, día TOP

En decembro de 2011, a Asamblea General asignou o 21 de Marzo como o Día Mundial do Síndrome de Down

O Síndrome de Down é unha combinación cromosómica natural que sempre formou parte da condición humana. Existe en tódalas rexións do mundo e habitualmente ten efectos diversos nos estilos de aprendizaxe, nas características físicas ou da saúde.

O acceso axeitado á atención da saúde, os programas de intervención temperá e o ensino inclusivo, así como a investigación apropiada, son vitais para o crecemento e o desenvolvemento da persoa que sofre este síndrome.

Este ano para a celebración do día mundial do Síndrome de Dawn lévase a cabo unha iniciativa curiosa que dende ETAPAS queremos animar a que fagades xa que ao resultar curiosa chamará a atención e despertará o interese e a curiosidade en cativos e maiores creando unha maior conciencia sobre a diversidade e a inclusión. Esta iniciativa mundial é : “¡PONTE CALCETINES DESPAREJADOS!” .

Así que hoxe todos a poñer un calcetín de cada e explicar de maneira lúdica e divertida aos nenos que ainda que os calcetíns sexan diferentes os dous son calcetíns, e os dous serven para poñer nos pés e quitar o frío.

#DiferenteComoTú

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *