Que é iso da logopedia?

Moitas veces, cando oímos a palabra logopeda non sabemos moi ben a qué fai referencia ese concepto ou simplemente pensamos que as persoas que desempeñan este oficio só se adican a correxir erros comúns en nenos e nenas como a pronunciación da /r/ ou a /s/.

Pois ben, a logopedia abarca non só iso senón que se ocupa do estudo, prevención, avaliación e tratamento dos trastornos da comunicación humana, que comprende a fala, a linguaxe, a audición, a voz e as súas alteracións. Tamén se ocupa das función orofaciais non verbais, que son a base para a producción adecuada da fala e a voz (entendemos por función orofaciais as seguintes: respiración, succión, deglución e mastigación). Cando estes aspectos se atopan alterados, ademáis de poder afectar á fala e á voz, tamén o poden facer no desenvolvemento e crecemento das arcadas dentarias, dentes e de todo o macizo facial.

Unha vez que temos claro o concepto de logopeda tócanos responder á seguinte pregunta: cando debemos acudir a un servizo de logopedia? Moitos expertos consideran que de presentarse unha dificultade nos niveis redactados anteriormente é aconsellable acudir a un logopeda para tentar de dar resposta ao que nos pasa e que estes nos podan axudar. No caso dos nenos (sobre todo dos máis pequenos), aconséllase dar un pouco de tempo a que o neno ou nena interiorice os fonemas, as letras, a súa representación gráfica, as sílabas, as palabras e, por último, as frases. Aínda así, é importante non tardar demasiado en recorrer ao logopeda xa que “canto antes, mellor”. Non recorrer á axuda profesional impide diagnosticar ou tratar un trastorno da linguaxe a tempo, o que pode conlevar a unhas consecuencias a longo prazo negativas, como unha peor integración das novas aprendizaxes, sobre todo cando comeza a medrar o nivel de abstracción, entre outras. Ademais, pode afectar ao aspecto emocional da persoa xa que pode xerar inhibición, bloqueos ou algún tipo de consecuencia a nivel da súa autoestima.

Aínda que xeralmente a logopedia se relaciona ca poboación infantil, tamén traballamos todos os aspectos da comunicación en adultos e nas persoas da terceira idade. Nestes casos, realizamos terapias que axuden ao correcto desenvolvemento de todos os aspectos relacionados coa comunicación ben para mellorar dificultades que se posúan ou ben para tentar que un correcto dominio da comunicación non empeore.

Unha vez que sabemos a que se adica un logopeda e cando acudir a el, é importante tamén coñecer como traballamos. Se falamos de linguaxe escrita, traballamos dende a mecánica lectora, a forma de escribir e de coller o lápiz, a direccionalidade das letras ata a boa comprensión e expresión escrita, é dicir, todas aquelas habilidades que promoven o desenvolvemento dunha lectura e escritura eficaces. No referente á linguaxe oral, traballamos dende a fisioloxía e anatomía dos órganos implicados na articulación, habilidades auditivas e lingüísticas, até os procesos de dicción e planificación do discrurso oral, pasando por todos os componentes da linguaxe. Por último, falando de comunicación, traballamos dende a intención e o interese comunicativos, sistemas alternativos e aumentativos que favorezan á correcta comunicación até un uso funcional da linguaxe.

Dende o Gabinete Etapas, contamos con este servizo para que quen necesite del, non dubide en informarse e contactar con nós. Realizamos terapias individuais con materiais adaptados a cada caso para un mellor tratamento das dificultades que posúa cada individuo. Ademais, para quen simplemente desexe manter ou mellorar unha boa comprensión e expresión, temos talleres de lectoescritura para traballar todo o referente á comunicación de forma escrita e de lectura co obxectivo de rehabilitar ou previr trastornos da comunicación escrita e tamén posuímos talleres de estimulación cognitiva para optimizar a eficacia do funcionamento das distintas capacidades e funcións cognitivas (percepción, atención, razoamento, abstracción, memoria, procesos de orientación…) mediante unha serie de situación e actividades concretas.

One thought on “Que é iso da logopedia?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *