Adaptándonos á actualidade que lles interesa

Unha das características que as profesionais de ETAPAS temos clara á hora de realizar o noso traballo é a de crear motivación no usuario á hora de traballar sobre as súas capacidades. E facémolo en calquera dos ámbitos nos que exercemos a nosa profesión, sexa cos rapaces ou sexa cos adultos.

“Algo importante á hora de traballar cun usuario é conseguir que se atope motivado para traballar. A partir de aí irá adquirindo ou mellorando as súas capacidades e collendo confianza en sí mesmo.”

Por iso, como podedes ver nas imaxes, cando esta semana traballamos con Pablo en Lectoescritura ou con Jorge na súa sesión de Logopedia, empregamos textos que lles picasen a curiosidade lectora, porque ás veces non é que os nenos/as non lean, ás veces é que ainda non atoparon que ler.

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *