Coida da túa voz!

Xa que onte foi o Día Mundial da Voz, hoxe queremos darvos uns consellos para que non fagades un uso incorrecto dun instrumento tan importante na nosa vida diaria como é a voz.

Hai que ter en conta que un uso prolongado da voz con escasos descansos durante o día (por exemplo, persoas que empregan a voz como ferramenta de traballo, persoas moi faladoras, ou que utilizan un volume moi alto para falar…entre outras), xunto cun manexo dunha técnica vocal incorrecta  e a presenza de malos hábitos vocais, pode dar lugar a unha disfonía funcional. De se daren casos de disfonía prolongada no tempo, este feito podería favorecer a aparición de alteracións orgánicas nas cordas vocais como nódulos, pólipos, etc. Por estes motivos, hai que ter coidado e tentar de non abusar vocalmente da nosa voz.

Para evitar todas estas situacións, ahí van algunhas recomendacións:

  • Ser consciente dos riscos que conleva un mal uso e abuso da voz.
  • Coidar as posturas corporais durante o traballo e ao falar (malos hábitos que existan, especialmente en ombros e pescozo, articulación témporo-mandibular, musculatura facial, lingual e mastigatoria, así como control pélvico dos músculos da parede abdominal e zona lumbar).
  • Non falar mentres se realiza un esforzo físico.
  • Evitar os ambientes con polución (tiza, polvo, fume, gases). Ventilar ben.
  • Tentar de non frecuentar lugares con ambientes ruidosos, sobre todo se hai que falar a certa distancia para non competir co ruido ambiental.
  • Non beber bebidas moi frías ou moi quentes.
  • As cordas vocais necesitan dun alto grado de humidade ambiental (70-75%). Recoméndase beber auga a sorbiños, durante todo o día para humedecer con frecuencia as cordas vocais, e concretamente en momentos que haxa que falar máis. O uso de humidificadores é moi aconsellable, en especial para durmir.
  • Non fumar.
  • En vez de carraspear, tusir forte 1 ou 2 veces, xa que o carraspeo constante irrita as cordas vocais, e en ocasións pode chegar a convertirse nun costume, perdendo a funcionalidade.
  • Non se debe gritar de forma descontrolada.
  • Recoméndase NON tomar caramelos mentolados porque irritan as cordas vocais, a diferencia do que popularmente se cre.
  • Evitar tomar froitos secos xa que adoitan provocar carraspeo.
  • En momentos nos que teñamos que falar moito, aconséllase non inxerir previamente comidas con salsas ou doces que tenden a espesar a saliva e secar a boca.
  • Empregar un ritmo de fala normal, con pausas e respectando os turnos de conversación para así evitar un ritmo acelerado que favoreza a descoordinación da respiración coa voz.
  • Realizar descansos vocais durante o día, e en especial tras un uso prolongado da voz.

Tamén é importante coñecer os factores de risco vocal que, de se produciren con frecuencia, indícannos que debemos acudir a un profesional para valoración, estes son:

  • “Sufro períodos de ronqueira.”
  • “Sinto que me falta o aire cando falo.”
  • “Sáenme galos algunhas veces cando falo.”
  • “Perdo a voz momentáneamente.”
  • “Moléstame a tensión do pescozo, ombros ou espalda.”
  • “Sinto fatiga vocal ao final do día.”
  • “Sinto a gorxa ou boca seca . Sinto picor na gorxa.”
  • “Sensación de corpo extraño nas cordas vocais.”
  • “Necesito carraspear ou toser con frecuencia.”
  • “Os meus problemas de voz son cada vez máis frecuentes.”
  • “Sufro afonía (pérdida total da voz) durante polo menos un día, tras un sobreesforzo vocal.”
  • “Sufro de alerxias, farinxitis frecuentes, ardores, refluxo gastoesofáxico…”
  • “Falo moito.”
  • “Falo moi alto ou grito con frecuencia.”
  • “Fumo con asiduidade.”
  • “Tenso a musculatura do pescozo e os ombros para que a miña voz teña máis potencia.”
  • “Non bebo auga habitualmente.”

Por último, querémosvos deixar unha noticia de onte que saiu no Telexornal da Televisión de Galicia con motivo da celebración do Día Mundial da Voz por se queredes botarlle unha ollada xa que é interesante.

http://www.crtvg.es/informativos/no-dia-mundial-da-voz-os-logopedistas-advirten-dos-problemas-do-abuso-da-fala

E xa sabedes, calquera cousa que necesitedes, neste tema ou noutros dos que precisedes axuda, non dubidedes en contactar con nós. O noso gabinete conta con logopeda, de se presentaren dificultades xa sexa en temas relacionados coa voz ou noutros ámbitos (lectoescritura, dislalias, comprensión e expresión, deglución, etc) estaremos a vosa enteira disposición para axudarvos en todo o que nas nosas mans estea.

One thought on “Coida da túa voz!

  1. Interesante.
    Así, xente que se adique ao canto, ou a dar conferencias ou charlas, ata mestres…que presenten algún tipo de dificultade ou molestia…poden ter algunha sesión que lles axude.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *