A Expresión a través da Escrita

Estamos tristes e non sabemos con quen nin como falar. Sentimos que algo nos oprime o peito e dicimos ansiedade, pero…como sacar iso que temos dentro? Algo nos da voltas na cabeza, gustaríanos dicirllo a alguén, pero…a quen? Non queremos cargar aos nosos seres queridos, ou será unha tontería e para que contalo! Ou de falar…como comezamos?

Falar non sempre é fácil, sabémolo. Contar as nosas cousas non é tema sinxelo, sexa cal sexa o tema, ou a persoa. Pensamos si serán tonterías ou que lle importará ao resto. Incluso ante un profesional, na consulta, as palabras non saen.
As psicólogas de ETAPAS, saíndo do mes do libro e entrando co mes das letras, propóñenche: escribir. Un taller de escritura que vai máis aló de escribir, pero case sen decatarte.

En ETAPAS cremos que traballar coa escritura pode axudarnos en varios ámbitos (expresión emocional, psicoestimulación, autoestima, motivación, linguaxe, afrontamento…) polo que che aconsellamos este taller con catros esións en horario de mañá(10:00h a 12:00h)ou de tarde (19:30h a 21:30h) para poder adaptarnos ás túas necesidades.

A primeira será o 11 de maio onde descubriremos á nosa personaxe.

A segunda sesión o 18 de maio para escribir aventuras, cartas e consellos en diferentes ambientes.

Terceira o 4 de xuño para traballar diferentes situacións a través do roll playing (teatro).

A última terá lugar o 10 de xuño cunha pequena ruta de sendeirismo para reflexionar, resumir e traballar autoestima, motivación e relaxación.

Esperámoste para axudarche no camiño da túa propia liberación, porque moitas veces o noso maior enemigo somos nós mesmos.

Aforo reducido.

Infórmate sen compromiso: 686269424

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *