Jimmy Escalofríos

Este luns 21 de maio de 2018 publicouse a historia de Jimmy Escalofríos, e tivemos a sorte de poder falar ca escritora e ilustradora desta historia. A continuación podedes ler nas suas palabras, unha pequeña parte da sua visión sobre este proxecto:

Durante a infancia, os nenos pasan por diferentes etapas de desarrollo e superación personal, unha delas son os tan comuns medos nocturnos. Para moitos nenos e a tranquilidade dos seus pais, non é ningunha dificultade para eles e aprenden a calmarse solos ou non presentan signos de grandes medos. Pero hai outros moitos nenos que sí contan con estos medos. Son terribles non só para o descanso dos pais, senon principalmente para eles mismos. As luces apagadas ou despertar en mitade da noite  xeneran moito estrés e ansiedad, dando lugar a as visitas ao cuarto dos pais, choros e insomnio e por suposto cansancio ao día seguinte.

Eu non son psicóloga, pero coñezo de primeira man este tipo de medos xa que os sufrín durante anos e os recordo como unha etapa traumática da miña infancia. Por este motivo, decidín escribir e ilustrar esta historia e comentala con diferentes psicólogos, entre eles  María Vázquez, directora do gabinete psicoeducativo ETAPAS. A historia de Jimmy Escalofríos, é a historia dun neno que, a pesar de que os seus pais lle repitan que os “monstruos e pantasmas que él ve non existen” non é capaz de durmir. Os nenos entenden o que os adultos lles explican, pero ao apagar as luces e verse solos na escuridade… é outra cousa.

Se ojeades o libro, observaredes que ten partes bastante oscuras, e iso debese a que tales medos decidín mostralos como o que son: “medos”. Os medos non son en tonos pastel e con bolboretas ou unicornios. Son terribles. Pero según avanzan as páxinas, o libro va collendo un tono máis claro e relajado, a pesar de que siga sendo pola noite. Que Jimmy Escalofríos caiga na conta de que non está cómodo na cama dos seus pais e decida desfacelo camiño polo pasillo a oscuras é importante, xa que os nenos deben comprender que as cousas que ven pola noite na casa son as mesmas que durante o día. Pero deben darse conta pola noite, non á mañá seguinte ou encendendo a luz, para poder seguir durmindo tranquilamente.

Ó final do libro, hai unha folla para que os nenos debuxen os seus medos e animaselles a enviárllos a Jimmy Escalofríos a través da sua web para que éste busque unha explicación. Deste modo, crease un diálogo entre o personaxe, que agora é un valiente “experto” en medos nocturnos e o neno, ao que posteriormente se lle enviará a través de seu correo electrónico unha ilustración personalizada de Jimmy. Aunque finalmente o debuxo non o envíen a Jimmy, é bó que os nenos se desfoguen dalgunha forma e plasmen as cousas que lles dan medo, dándolle pistas aos pais ou expertos sobre qué temas tratar para mellorar  o seu descanso.

 

Altagracia Bescansa.

 

 

Para máis información sobre o libro e a autora, podedes visitar a sua páxina web www.jimmyescalofrios.com.

One thought on “Jimmy Escalofríos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *