Dificultades na lectoescritura

Na actualidade, e dende o noso Gabinete, estamos a ver e a detectar moitos casos de nenos e nenas que posúen dificultades á hora de ler e á hora de escribir. Isto pode deberse a moitos factores. A continuación, imos explicar un pouquiño os que máis inflúen dentro deste ámbito:

 

 

A relación coa escritura Dificultades específicas Estratexias a probar
 

Disgrafía

(Específicamente, a escritura á man)

 

– Afecta á habilidade para escribir con eficiencia e eficacia.

– A escritura é desordenada e lenta.

– Os nenos pode que non sexan capaces de escribir tan rápido como pensan. Iso dificúltalles pór as ideas no papel de maneira organizada.

– A frustración pode causar que algúns nenos eviten querer escribir.

 

– Soster o lápiz.

– Trazar letras.

– Organizar letras e palabras nunha páxina.

– Ortografía.

– Mesturar maiúsculas con minúsculas.

– Escritura desordenada.

– Poñer as ideas por escrito.

– Frustración

 

– Empregue un suxeitador de lápiz para colocar os dedos adecuadamente. Isto fará que a escritura sexa máis clara e sinxela de realizar.

– Utilice un marco para escribir que axude co trazado de letras e coa presión adecuada ao escribir.

– Intente empregar papel con líneas en relieve para axudar co espazo entre as liñas.

Dislexia. 

Condición que xera dificultade coa lectura e a ortografía. Tamén pode afectar á escritura e á fala.

– A dificultade para manexar sons e palabras, que é característico da dislexia, afecta á ortografía.

– Os problemas para identificar sons individuais nas palabras dificultan a decisión sobre qué letras son necesarias para escribir a palabra.

– Algúns nenos con dislexia teñen unha memoria funcional limitada e as dificultades para secuenciar poden causar que a escritura sexa confusa.

– Mala ortografía, puntuación e uso de maiúsculas.

– Secuenciación de ideas incorrecta.

– Dificultade para reter ideas na memoria.

– As dificultades coa lectura complican a edición do escrito.

– Empregue un organizador visual como o diagrama de espiña de peixe para a organización das oracións e a gramática.

– Empregue organizadores visuais máis grandes para escrituras que sexan máis longas.

– Escriba usando un teclado para aproveitar o programa de revisión de ortografía e o de texto-a-voz.

Dificultades da linguaxe expresiva.

Condición que crea problemas para expresar pensamentos e ideas usando a linguaxe falada. Poden terse problemas tanto na formación como na produción da linguaxe.

– Os nenos que teñen problemas para expresarse con claridade ao falar a miúdo tamén teñen dificultades para expresarse a través da escritura.

– Vocabulario limitado.

– Uso frecuente de palabras indefinidas como “ese”.

– Dificultade para producir oracións complexas.

– Omisión de palabras.

– Confusión nos tempos gramaticais.

– Debuxe imaxes do que desexa escribir antes de facelo.

– Empregue un dicionario para aumentar o vocabulario.

– Use técnicas de visualización para incluir máis detalles ao escribir.

TDAH.

Condición que pode involucrar problemas para enfocarse, actuar sen pensar e ser extremadamente activo. Dificultades na planificación, organización e autosupervisión.

– A distración pode causar que escribir consuma moito tempo e que se omitan ideas.

– Tomar decisións impulsivamente pode dar lugar a unha ortografía deficiente, un vocabulario limitado e unha estrutura de oracións simple.

– Os problemas coa planificación e a organización poden crear unha secuencia de ideas desordenada.

– Problemas para iniciar unha tarefa, seleccionar un tema e coa organización de ideas e de información.

– Administración do tempo deficiente ao completar un traballo escrito.

– Escritura que non reflexa adecuadamente a calidade das ideas.

– Divida as tarefas de escritura en partes máis pequenas.

– Utilice un reloxo para facer un seguimento do tempo usado en facer tarefas e permitir o movemento a intervalos frecuentes.

– Cree un espazo limpo e tranquilo para escribir.

– Utilice organizadores visuais para planificar.

– Cree un borrador para a secuenciación de ideas.

Dificultades do procesamento visual

Condición que causa dificultade para entender a información que o cerebro recibe a través dos ollos. Sen embargo, as dificultades do procesamento visual non son un problema da vista.

– Ser capaz de recordar a forma das letras, estimar os espazos nunha páxina e planear cantas palabras caben nunha línea, todas requiren procesamento visual.

– Trazado de letras deficiente.

– Invertir as letras (escribir as letras ao revés).

– Espazo entre palabras e letras inadecuado.

– Saltarse liñas no papel.

– Escritura máis alá das liñas da marxe.

– Inexactitudes ao copiar.

– Use un dedo para deixar espazo entre as palabras.

– Teña o abecedario á man para revisar a formación de letras.

– Utilice papel con liñas en relieve.

– Cubra as liñas que non estean sendo usadas cunha tarxeta.

Dispraxia

Condición que dificulta planear, coordinar e executar movementos motores.

– Pode causar problemas coas habilidades motoras finas. Isto pode afectar á habilidade de usar un lápiz ou un teclado de maneira correcta.

– A dificultade para soster un papel cunha man, mentras escribe coa outra pode causar que escribir sexa frustrante e que a escritura sexa desordeada.

– Letras feitas deficientemente.

– Letras de tamaño variábel.

– Espaciado entre letras e palabras inadecuado.

– Papel que se move ao escribir.

– Suxeitar o lápiz de maneira extraña.

– Escritura demasiado marcada ou tenue.

– Utilice un teclado adaptado con teclas máis grandes.

– Utilice un obxecto pesado para soster o papel mentras escribe.

– Practique a escritura de letras sobre area ou con crema para afeitar.

– Utilice un marco de escritura para axudar coa formación de letras e para exercer a presión axeitada.

 

Para máis información, non dubide en contactar co gabinete.

One thought on “Dificultades na lectoescritura

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *