Entregamos o accésit do concurso literario 2018

Durante o mes de Maio ETAPAS puxo en camiño a II edición do seu concurso literario das letas galegas, este ano adicado a María Victoria Moreno.

 

Este ano o concurso quedou deserto xa que ningún dos relatos presentados cumpría correctamente coas bases publicadas.

Aínda así hai grandes escritores e houbo un relato concreto que levaba por título “Pisadas na neve” que chamou a atención do xurado. E iste foi o motivo polo que decidimos notificar a Marisol que lle faríamos entrega dun accésit como mostra de recoñecemento pola súa obra, e ao mesmo tempo, animámola a seguir escribindo.

“É un pracer poder ver que xente nova se implica na escrita e deixa voar a súa creatividade para escribir grandes e pequenos relatos que fan que a imaxinación de quen lee tamén voe.”

Para a semana publicaremos o relato de Marisol para que todos poidades coñecer a súa obra, quen sabe si estamos ante unha nova escritora de éxito.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *