Ofrecendo ferramentas

 

Un dos fundamentos nos que creemos o equipo de ETAPAS, é a potenciación da creatividade e a experiencia propia no desenvolvemento de habilidades e o coñecemento da realidade.

Por iso diseñamos programas como:

  •  ACTIVERÁN: Centrado no coñecemento e a experiencia propia da realidade, e desenvolto con grupos reducidos de nenos de 5 a 12 anos, para aproveitar ao máximo a interacción e reforzar as habilidades sociais. Deste xeito, queremos conseguir despertar a creatividade de cada neno, así como traballar emocións como a empatía e valores como o respeto nun ambiente controlado con variables de idade e sexo.
  • Lectoescritura: Nestes grupos de traballo que tamén son de formato reducidos, traballamos de maneira máis especifica coas capacidades de cada neno, adaptándonos as necesidades específicas que cada neno presenta. Por exemplo con B. traballamos a capacidade atencional porque non se concentra na clase, con C. practicamos matemáticas e pensamento lóxico, ou con P. reforzamos a comprensión e a linguaxe, entre outros casos.

 

“Non lle deas o traballo feito, dalle unha oportunidade para facelo”

María Vázquez Rey

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *