No Activerán aprendemos das rosquillas!

Unha das actividades do Activerán é a cociña. Por qué?

Pois a verdade é que non só nos metemos na cociña e mans á masa. A través desta actividade traballamos cos rapaces anotados a planificación, a psicomotricidade, o compañeirismo, o respeto, o traballo en equipo…

Esta semana comezamos o Activerán de Agosto e na actividade de cociña fixemos unha receita de rosquillas.

 

Miramos cales eran os ingredientes, anotamos a receita, fixemos lista da compra, fomos ao super tendo en conta un presuposto e xa con todo metímonos na cociña e mans á masa. Entre todos preparamos un rico postre.

 

Pero que pasa cando temos todas as rosquillas preparadas para ir á sartén? Que vemos nelas?

“Pois que non todas son iguais!”

 

As rosquillas poden representar ás persoas. Todos somos persoas, todas son rosquillas, ainda que unhas sexan máis grandes e outras máis pequenas, unhas máis gordas e outras máis delgadas, unhas máis anchas e outras máis estreitas, unhas pechan ben e outras ábrense mentras as fritimos, pero todas están moi ricas!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *