ETAPAS e ANPA Río Tella colaboran xuntos!

A iniciativa da nova directiva do ANPA Río Tella está sumando colaboradores, algo que facilitará unha rede de traballo mutuo que beneficiará ás familias e aos empresarios da zona.

 

Dentro da suma de colaboradores que a ANPA do cole da Ramallosa está a levar a cabo atópase o noso Gabinete ETAPAS, razón pola cal estamos moi contentas.

Esta semana, a dirección de ETAPAS reuniuse coa presidenta do ANPA para firmar un acordo de colaboración entre o Gabinete e a Asociación de pais, polo tanto todos aqueles socios do ANPA gozarán dun desconto nos servizos que ofrecemos e dos cales podes informarte tanto na web (www.gabineteetapas.com) como neste blogue ou na nosa páxina de FACEBOOK.

 

ETAPAS ofrecerá a tódolos socios do ANPA Río Tella un desconto do 10% nas súas terapias (psicoloxía, logopedia), talleres, ou charlas cun prezo igual ou superior a 10€. De igual maneira, dito desconto será aplicado a irmáns, pais e avós do neno asociado sempre que presente a debida acreditación.

 

Dende o Gabinete informaremos ao ANPA dos talleres e actividades que vaiamos sacando ao longo do ano para que poidan ser comunicadas de mellor maneira ainda que as publiquemos nos nosos espazos.

 

Dende a dirección de ETAPAS decidimos ampliar a oferta non só ao neno/a en cuestión senón ao resto do entorno do socio porque somos conscientes de que o “producto” que nós ofrecemos abrangue a todo o ámbito familiar, e como reza o lema do noso Gabinete…

“Na vida existen diferentes ETAPAS, e nós acollémoste naquela da que precises a nosa axuda, sexa cal sexa a que estás pasando”.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *