Charla sobre medos e contacontos con Jimmy Escalofríos

Un dos obxetivos de ETAPAS é a divulgación a través de charlas e encontros con profesionais no que se traten temas de interese que afecten á población en xeral.

Unha das primeiras charlas foi sobre Discapacidade coa proxección de Vida de Rubén Riós e o encontro co director e actores ademáis dunha mesa de profesionais. Nesta ocasión cambiamos a temática e chega ao noso gabinete a escritora Altagracia Bescansa para traernos ao protagonista do seu libro, Jimmy Escalofríos, a través dun contacontos para nenos.

O sábado 27 ás 11 da mañá dará comezo un encontro no que poden asisitir adultos e nenos.

Dende ETAPAS prestaremos unha breve charla introductoria sobre medos infantiles mentras os nenos farán un debuxo para logo dar paso ao coloquio e charla coa escritora que nos contará o seu conto e como Jimmy consegue facerlle fronte aos medos nocturnos. Así tamén os adultos, tanto pais como profesionais,  saberemos como empregar este libro cos nenos.

A actividade será de balde, gratuíta, pero os interesados deben inscribirse a través do formulario da web de Etapas ou no tlf 686269424 xa que o aforo é limitado.

Aqueles nenos/as que conten co libro poden traelo, e senón, en caso de logo estar interesados en mercalo, a escritora terá con ela exemplares que se poderán mercar ao remate.

Para calquera dúbida ou información non dubides en poñerte en contacto!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *