Charla e Contacontos ~ Medos na infancia

O pasado sábado 27 de outubro do 2018, celebramos no gabinete ETAPAS un evento de balde adicado aos medos na infancia.

Dito evento estaba organizado de modo que disfrutasen tanto nenos coma adultos, de xeito que mentres tiña lugar unha charla destinada a pais/nais e mestres, os nenos estaban entretidos cunha serie de actividades colaborativas e creativas.

Na charla puidemos tratar nunha hora puntos clave como a orixe e mantemento dos diversos medos que se dan nas diferentes etapas evolutivas que abrangue a infancia, ademais de pautas prácticas eficaces no afrontamento dos medos habituais, tanto no ámbito escolar como no propio entorno da vivenda familiar. Foron especialmente interesantes as anécdotas que algúns dos asistentes se animaron a contar.

Despois, tivemos o pracer de escoitar como a propia escritora de Jimmy Escalofríos (Carmen Altagracia Bescansa) nos relataba con simpáticas voces, a historia deste marabilloso personaxe, ademáis a guinda foi que puidemos asistir a parte do contacontos EN PIXAMA!! Os nenos quedaron encantados con esto e alucinados coa valentía de Jimmy!! Ademáis Altagracia compartiu con nós os secretos que oculta este conto, tanto metafóricos como detalles da propia edición e ilustración. Por último, os nenos traballaron ca propia autora sobre uns debuxos dos seus propios medos, ensinándose uns os outros como non temos porque estar asustados de certas cousas, e aprendendo dos demais que podemos facer cando temos medo.

Estamos agradecidas da boa acollida que tivo o evento e da participación de todos os asistentes e esperamos poder repetir pronto colaboracións tan estupendas coma esta. Un agradecemento especial a Carmen Altagracia polo cariño co que tratou este proxecto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *