O ICTUS e a Logopedia

Esta semana celebrouse o día mundial do Ictus e gustaríanos resaltar a importancia que ten neste colectivo unha boa rehabilitación logopédica.
De maneira xeral, débense traballar aspectos como a comprensión, no que se buscaría un maior entendemento nas actividades do día a día (conversacións coa familia, veciños, ver a televisión…)
Tamén debemos traballar na producción, tanto a nivel oral como na escrita.
Por último, son tamén importantes outros aspectos como a deglución e a respiración e que tamén se traballarían na sesión coa logopeda.

Dende ETAPAS queremos mandar moito ánimo aos afectados e ás súas familias!!

E recordar que ofrecemos terapia no noso Gabinete en Cacheiras, pero tamén en colaboración con asociacións que así o demanden ou institucións como a Residencia Puentevea (Reis), Residencia Los Arcángeles (Cacheiras), Centro de Día Milladoiro (Milladoiro).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *