Acudir ó Psicólogo

Acudir a consulta psicolóxica

  • Proporciona un espazo e tempo dedicados só para ti.
  • Escoitan sen prexuzgar ou criticar.
  • Terás unha visión clara, obxectiva e global dos teus problemas, xa que ó non estar emocionalmente implicado na situación o/a psicólogo/a, terá unha visión ampla do teu problema, axudando a realmente entender que che sucede e como afrontalo.
  • Comprenderás mellor as túas accións e as dos demais, analizando os motivos que nos levan a actuar dunha forma ou outra sen suposicións nin crenzas ficticias que nos impiden ver a realidade.
  • Aprenderás a administrar as túas emocións, pensamentos e comportamentos a través de técnicas e estratexias para identificar e xestionar emocións, crenzas e hábitos negativos.
  • Desenvolverás habilidades para resolver conflitos cotiáns actuais e futuros.

 

Decidimos ir ó psicólogo ao percatarnos do malestar e dor emocional que xera unha situación á que non somos capaces de facerlle frente por nos mesmos e necesitamos apoio para saír dela.

Pedir axuda profesional é un gran paso para unha persoa que afronta unha situación difícil debido aos estereotipos que rodean á saúde mental e á falsa crenza de que se non podemos resolver un problema por nós mesmos estamos fracasando. En moitos casos, as persoas tentan xestionar tempos difíciles “deixando pasar o tempo”, crendo que deste xeito as feridas cicatrizarán soas e os problemas desaparecerán, pero no seu lugar, moitas veces leva a unha “explosión emocional” ao reprimir as emocións e a tensión durante longos períodos de tempo. Do mesmo xeito, é común que estas persoas constrúan patróns negativos de pensamento e acción que dan lugar á aparición de problemas noutras áreas da súa vida. Un exemplo claro diso sería cando as persoas que se encontran nunha situación estresante no traballo estenden os seus problemas á familia, co consiguiente deterioro das relacións sociais e a felicidade do individuo.

 

Na consulta, o psicólogo vai escoitar os teus problemas prestando atención á tua linguaxe extraverbal e ás tuas emocións sen xuzgar como “boas ou malas” as tuas accións, co fin de comprenderte  e explicarche o que che está sucedendo para poder axudarche.  Unha vez que o psicólogo analice o problema, non o resolverá, senon que che axudará a atopar a solución para que a poñas en marcha ti mesmo e sepas afrontar problemas futuros. Nesta última afirmación reside a esencia da psicoloxía, que non só ten un carácter curativo, senón tamén preventivo.

As pautas terapéuticas que proporciona un psicólogo nos axudan a cambiar a nosa forma de xestionar os problemas, e non son simples consellos baseados na experiencia, senon que están baseados nos mecanismos da aprendizaxe humana e funcionamento fisiolóxico, polo que un psicólogo non precisa vivir algo para poder tratalo. Por exemplo: Non teñen que ter un accidente automovilístico para comprender a fobia do paciente a conducir; nin teñen que ter fillos para saber correxir alteracións conductuais na infancia, sendo por tanto un experto do “por que e como” son e cambian as persoas, e por iso son os profesionais  aos que debes acudir cando o problema que afrontas é de tipo emocional, do mesmo xeito que irías a un mecánico se tiveses o coche averiado.

Existen gran variedade de problemas que levan a unha persoa a acudir á consulta dun psicólogo, polo que utilizarán diferentes técnicas e estratexias adaptadas ás necesidades de cada paciente. Algunhas persoas van porque se sentiron deprimidas, enfadadas e/ou ansiosas por tanto tempo que afectou negativamente o seu día a día. Outros, ao sentírse abrumados por unha enfermidade física propia ou dun familiar, ante un cambio na súa situación laboral, unha adicción ou a perda dun ser querido. Ademais do tratamento clínico de numerosas patoloxías, os psicólogos poden realizar avaliacións sobre as destrezas intelectuais dunha persoa e sobre o seu estado neuropsicolóxico; poden axudarlle a resolver conflitos familiares, modificar o seu estilo de afrontamento das adversidades e mellorar a súa autoestima.

Se te sentiches identificado/a con calquera dos puntos mencionados nesta publicación, invitamoste a chamarnos ou escribirnos a través do formulario da nosa web para obter información sobre as nosas consultas sen ningún compromiso. En calquer ETAPA que esteas pasando, podemos axudarche.

E se pensas que “ir ao psicólogo é moi caro”, Que prezo pos ó teu benestar emocional?

                                                         Teléfono: 686 26 94 24

                                                         Formulario web: www.gabineteetapas.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *