Logopedia VS Mestre de Audición e linguaxe: falamos do mesmo?

De seguro que algunha vez oímos dicir a algún pai ou nai que o seu fillo acode a un logopeda no colexio, ou que polas tardes o levan xunta un mestre para axudarlle con certos problemas de comunicación, e é que tanto o logopeda como o mestre en audición e linguaxe comparten algúns obxectivos de traballo mais non son o mesmo.

A continuación mostraremos as principais diferenzas que existen entre estas dúas profesións:

 

  1.  A Logopedia considérase unha profesión de carácter sanitario mentres que a Audición e Linguaxe ten un carácter educativo.
  2. Polo tanto, o mestre en Audición e Linguaxe traballará en escolas, seguindo as directrices do Equipo de Orientación e podendo colaborar co Mestre de Pedagoxía Terapéutica e/ou psicomotricidade. O Logopeda, pola contra, traballa en centros sanitarios, como hospitais ou clínicas.
  3. O Logopeda atende a usuarios de tódalas idades, dende nenos que aínda non están en idade escolar até persoas de avanzada idade. O mestre en Audición e Linguaxe atende exclusivamente a nenos e nenas en idade escolar ou no seu defecto a persoas adultas con discapacidade onde a linguaxe non estea completamente aprendida.
  4. O mestre de Audición e Linguaxe abarca aquelas alteracións da linguaxe que poidan interferir directa e negativamente nos aprendizaxes, mentras que o Logopeda abarca tanto os trastornos que interfiren nos aprendizaxes como os que non, podendo levar un caso dende o comezo ata o final.
  5. O mestre de Audición e Linguaxe pode colaborar na avaliación e/ou diagnóstico das alteracións da linguaxe, sen embargo, o Logopeda pode, grazas ao seu perfil formativo, avaliar e facer diagnóstico dos trastornos da fala, a voz e a linguaxe.

Aínda que entre ambas especialidades exista unha gran relación, tamén existe un gran conflito que con explicacións como a que acabamos de redactar nos axudan a poder saber diferenciar de qué estamos a falar en moitas ocasións.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *