Aprendendo coa realidade

O Activerán é un dos talleres que realizamos no Gabinete Psicoeducativo Etapas de Cacheiras dentro dos obradoiros de convivencia.

Nel, levamos a cabo un programa de coñecemento da realidade mediante o cal ensinamos aos nenos coñecementos, actitudes, valores e destrezas para enfrontarse ao día a día nunha “vida real” que ten diferentes escenas segundo a etapa pola que pases.

Isto quere dicir que para un adulto con preocupacións  “de maiores” o feito de ser baixo e querer xogar ao baloncesto pero que non te escollan no equipo do patio é “algo de nenos”. Pero para un rapaz onde facer o que lle gusta e sentirse ben pode depender da opinión dos iguais e isto pode facer que acabe sentíndose excluído é algo frustrante e que acapara toda a importancia.

De aí que queiramos ensinarlles aos pequenos a práctica da “teoría adulta” e que teñan ferramentas para facer fronte á súa realidade vital..

Un exemplo disto teriamolo na actividade de cociña. Fixemos rosquillas e mousse. As rosquillas saíron boísimas e falamos de diversidade, pois a masa é a mesma, pero as rosquillas son diferentes e non por iso unhas saben mellor ca outras, ou temos que tiralas. O mesmo pasa coas persoas, unhas son diferentes de outras pero todas estamos incluídas.

Coa segunda receita a colaboración dentro do grupo non foi boa e non saíu o resultado esperado. Disto aprendemos sobre a orde e a planificación, e non sempre se pode facer mousse, pero hai que ver o lado positivo e quedounos un chocolate de rechupete.

Agora no Nadal tamén temos actividade de convivencia de Coñecemento da realidade: ACTINADAL

Neste caso as actividades serán os días 26, 27 e 28 de Decembro e os días 2, 3 e 4 de Xaneiro en horario matutino de 9 a 14 horas.

No apartado de EVENTOS podes ver o noso cartel cos prezos e descontos.

E no formulario da nosa Web ( www.gabineteetapas.com ) podes pedirnos máis información ou inscribirte.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *