Tes un BOTIQUÍN de primeiros auxilios?

Aproveitando que se achega o Nadal, e pasamos moito tempo en familia e viaxando, dende ETAPAS queremos compartir unhas claves para estar preparados ante posibles imprevistos médicos, posto que non ter a man un botiquín co preciso, pode facer que pasemos un día desagradable sen motivo. Por iso, preguntamoslle a unha experta na materia acerca dos productos imprescindibles que debemos ter nun botiquín de primeiros auxilios.

 

Nuria – Diplomada en enfermería

Debemos ter un botiquín na casa?: “É imprescindible ter un botiquín tanto na casa como no coche, asegurándonos de que todo o material esté ó día e revisando cada certo tempo para retirar os productos caducados”. “Ademais os materiais deben estar gardados nun maletín/caixa resistente, fácil de transportar e accesible para os adultos, pero nun lugar seco, fresco e fora do alcance dos mais pequenos da casa”.

 Que é o mais importante a ter en conta?: “O principal a ter son os medicamentos de uso diario que teña cada persoa (insulina, inhalador para o asma, etc).

 Que outros ítems son imprescindibles?: “No botiquín de viaxe debemos ter o básico para atender curas rápidas ata chegar a un centro médico. No botiquín da casa debemos incluír o material de curas, e medicamentos adaptados as necesidades e idades (nenos, ancians) dos integrantes do fogar.” (ver listado a continuación)

 Con que debemos tratar as feridas leves?:  Calquer antiséptico. O mais usado para limpar una ferida nas casas é o Betadine (povidona yodada) de toda a vida, pero nos hospitales xa se está usando mais a Clorhexidina como desinfectante porque hay bastantes alerxias ó yodo.

 Onde debemos gardar o botiquín? “Nun sitio seco, fresco e sen luz directa, polo que NON debemos gardalo nin na cociña nin no baño”.

Que outras cousas debemos ter en conta? “Os medicamentos deben estar gardados na caixa orixinal para poder controlar as fechas de caducidade e non perder os prospectos, e algúns medicamentos concretos que deben ser gardados na nevera” “Ademais podemos ter un listado dos teléfonos de emerxencia (Centro de saúde, emerxencias, ambulancias…)”.

 

 

Botiquín de PRIMEIROS AUXILIOS:

  • MATERIAL DE CURA
    • Algodón
    • Gasas estériles
    • Tiritas
    • Vendas
    • Esparadrapo
    • Antiséptico para limpar as feridas
  • ACCESORIOS
    • Tesoiras
    • Pinzas
    • Termómetro
    • Bolsas de frío instantáneo desechables
    • *Para bebés: chupetes e tetinas de reposto
  • MEDICAMENTOS
    • Os de uso habitual do individuo (Tratamentos de enfermedades crónicas ou preventivos): Insulina, Antihistamínicos, Píldora anticonceptiva, Inhalador para asmáticos, Etc.
    • Para afecciones leves:
      • Analgésicos
      • Antitérmicos
      • Produtos para picaduras de insectos,
      • Antiinflamatorios
      • Pomadas para queimaduras.

 

Botiquín de VIAXE:

  • PREGUNTAS PREVIAS: Viaxas solo o en grupo, van nenos, anciáns ou calquer persoa que poida requerir dunha atención sanitaria especial? A onde viaxas e durante canto tempo? Que tipo de actividades realizarás no teu viaxe (esquí, senderismo, etc)? Terás acceso a un centro médico ou farmacia?
  • Cando viaxamos tamén é moi importante levar sempre con nós a tarxeta sanitaria individual y/o documento de desprazados

 

  • MATERIAL BÁSICO: Algodón, Gasas, Vendas, Tiritas, Esparadrapo, Tijeras, Pinzas, Termómetro, Agua osixenada e alcohol 96º, Toallitas antisépticas, Guantes de cura estériles.
  • MATERIAL VARIABLE SEGÚN O DESTINO DA VIAXE
    • Protección solar + Aftersun
    • PARACETAMOL (Analgésico e antipiréptico) ou ibuprofeno
    • ANTINFLAMATORIOS (gel/spray/pomada/aerosol): para contusións, torceduras e golpes.
    • REPELENTES DE INSECTOS + ANTIHISTAMÍNICOS
    • ANTIDIARREICOS

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *