Que agasallar aos cativos no Nadal?

Durante esta época do ano, estamos rodeados de anuncios na rúa, na TV, nas redes etc, e ata nos chega directamente á bandexa de entrada do mail ou ao buzón da casa. Non hai forma de evitar que os máis cativos se vexan influenciados tamén por esta estratexia de marketing. Pero é moi importante manter os pés no chan á hora de elixir cales son os regalos máis aptos para o Nadal. Se ademais tes claro que os teus fillos xa teñen todas as súas necesidades atendidas e queres evitar caer na “avalancha de xoguetes” de todos os anos, é importante aprender a escoller con sensatez cales son os idóneos.

1 Clave: Contención, “Menos é máis”: o principal é entender que o exceso de regalos tradúcese no desenvolvemento de nenos continuamente insatisfeitos, posto que o único que acaban facendo é acumular sen valorar o que xa teñen e acaban esquecendo en pouco tempo esas novas adquisicións no baúl dos xoguetes. É importante avisar á familia tamén, de que non deben excederse regalando xa que un meniño de hoxe en día apenas pode facer fronte a todo o que se lle adoita agasallar.

2 Clave:Regalo Vs. Xoguete”: un regalo non ten que ser necesariamente un xoguete, hai moitas cousas que os cativos queren ou necesitan que non son xoguetes. Esquécese moitas veces que o mellor regalo é o tempo que se invirte en facer cousas con eles. Ir a un lugar a compartir tempo e experiencias con eles sempre é moito máis beneficioso. Este Nadal probade a ir de sendeirismo, ao parque de atraccións, ao cine, xogos de aventuras no propio xardín simulando ser “Indiana Jones” ou incluso ir almorzar tortitas ao bar do fondo da rúa; por pequenas que poidan parecer algunas accións, os momentos que os rapaces máis disfrutan son os que pasan xogando en familia.

3 Clave: “Cada idade ten o seu requerimento”: é moi importante que a elección do xoguete vaia acorde ca etapa de aprendizaxe na que se encontra o nen@ para que poida extraer os beneficios que ten e evitar a frustración e/ou o aburrimento:

 

  • 0-12 meses – Xoguetes para a estimulación dos sentidos: xoguetes con texturas, mordedores, mantas de xogos, espellos, xoguetes de tela e cores, xoguetes con luces e sons…
  • 1-2 anos – Xoguetes Interactivos: xoguetes de construcción sinxelos e de coordinación ollo-man, correpasillos, pianos de poucas teclas que reproducen sons variados (animais, vehículos…), libros de follas grosas, puzzles de encaixar  4-5 pezas…
  • 2-3 anos Xogos de habilidade manual: xogos de construcción algo máis complexos tipo LEGO, xogos para pintar e debuxar (ceras, rotuladores lavables….), xogos musicais (xilófonos, panderetas, pianos, maracas….)
  • 3-4 anos Xogos de creatividade e psicomotricidade: triciclos e patíns, puzzles máis complexos (25 pezas), plastilina, recortables, pegatinas, disfraces…
  • 4-5 anos: xogos de cartas de emparexar figuras, dominós, bonecos, cociñas pequenas, contos, puzzles magnéticos….
  • 5-6 anos Xoguetes Sociais: bicicletas, columpios, balóns, xogos de letras e números, xogos grupais (parchís, cartas, dominós, monopoly junior)….

 

4 clave: “Valor do que temos”:  unha das ensinanzas máis importantes que podes transmitirlle aos máis pequenos da casa, e que terá valor e validez ao longo de toda a súa vida, é a importancia de valorar todo o que lle rodea, as persoas, a educación a que ten acceso, as posibilidades que lle da a vida, e os obxectos que ten. Por iso, é importante combinar regalos que queren con regalos que necesitan, de ahí que moitos profesionais falen da “Regra dos catro agasallos” que abarca: algo para usar (prenda de roupa, material escolar, material deportivo…), algo para ler (que fomente a súa curiosidade de aprender e manteña esperta a creatividade e imaxinación), algo que queiran (mantén a ilusión no xogo e na maxia do Nadal), algo que necesiten (material para os seus hobbies, xoguetes educativos adaptados a súa idade…)

5 Clave: “Responsabilidade de gasto”: na mesma liña do parágrafo anterior, está a importancia de educar en ter conciencia do ámbito económico. Tanto se os nenos xa coñecen “o segredo dos Reis Magos” ou non, é importante ter conciencia de gasto. Con isto referímonos a que os cativos deben entender que non poden pedir algo carísimo ou pedir 10 cousas dunha lista de 10, senon que teñen que entender que os pais e os reis teñen moitos regalos que facer, e que non se poden cumprir as “demandas” de todos, senon desfrutar do que cada un ten ó seu alcance.

A continuación, deixamos esta imaxe para unha pequena reflexión sobre este último punto.

 

 

Esperamos que estas claves fosen útiles e que as poñades en práctica de agora en diante. Recordade que a maxia do Nadal non reside nos xoguetes senon nos corazóns de quen regala.

 

E vós, que lle ides regalar este Nadal ós peques da casa?

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *