“PROPÓSITOS 2019” (1º)

Levamos dúas semanas do ano e xa empeza a facerse costa arriba. Estamos empezando a incumplir os nosos propósitos de poñernos en forma, aprender inglés e levar as cousas ó día. Tal vez o erro está en fixarnos uns obxetivos cos que non estamos 100% comprometidos.

O propósito máis habitual que eleximos todos os anos é o de coidarnos máis físicamente: apuntarnos ó ximnasio, facer dieta e coidar  o noso aspecto (roupa, peinado, etc)  pero a verdade é que hay unha tendencia xeral a deixar de lado o coidado da nosa saúde mental.

 

 

Xa o dicía o poeta romano Juvenal nas suas Sátiras “Mens sana in corpore sano” que no seu sentido orixinal fai referenza á necesidade de orar para dispoñer dun un espírito equilibrado nun corpo equilibrado, e que reflexa a necesidade de dedicarlle tempo tanto á mente para estar equilibrados emocionalmente, como ao corpo para estar fortes físicamente.

 

 Pero, como coido a miña saúde mental?

Primeiro debemos entender que manternos sans mentalmente nos proporciona a capacidade para afrontar e adaptarnos ás situacións e demandas ambientais, por tanto, non é tanto buscar a clave  “da felicidade e o autocoñecemento” senon aprender a seleccionar cognicións, emocións e conductas do noso repertorio para afrontar os retos do día a día, dende cousas sinxelas como o tipo de lenguaxe co que nos debemos falar a nós mesmos cando nos miramos ao espello e quizá queramos cambiar algo, ata a forma na que tratamos cas persoas do noso entorno pasando pola xestión interna das nosas emocións e o autocontrol cando afrontamos unha tarefa que nos supera pero debemos realizala sen opción.

A principal clave a ter en conta no incremento da nosa saúde mental, é tamén aplicable ao estado físico do noso corpo. Para estar en forma físicamente, debemos dedicarlle tempo ao entrenamento con exercicios físicos e dieta, e para estar en forma psíquicamente, tambén debemos dedicarlle tempo ao entrenamento cognitivo.

 

Que implica o entrenamento cognitivo?

Continuando ca comparativa ó ejercicio físico, o entrenamento da psique abarca unha serie de “exercicios” dos que falaremos a continuación, e unha “dieta” que non se refiere a outra cousa que aprender a identificar que situacións, persoas e rutinas do noso entorno, crean e manteñen un estado cognitivo tóxico que nos afunde. Eliminar ditos puntos negativos xa repercute positivamente no noso estado de ánimo e na nosa saúde mental, pero a maiores é importante incorporar unha serie de bós hábitos.

A proposta que facemos dende o gabinete ETAPAS va incluso máis alá, de modo que en lugar de tomalo como propósito de inicio de ano, o convirtas nun hábito duradero, polo que cada mes, haberá unha publicación referida a un hábito novo que te propoñeremos incorporar dito mes.

Este enero, comezamos con:

Traballa o teu sentido do humor: 

As veces tomamos con excesiva seriedade cualquer cambio na nosa rutina, calquier detalle que se escape ó noso control, pero o ideal é aprender a cambiar o chip e seleccionar que cousas merecen que nos preocupemos e que cousas non son tan catastróficas como para poder darlle un tinte de humor. “Reir cura o corazón” posto que liberamos estrés (libera endorfinas), atraemos xente (valor social) e axuda a relajarse.

Por tanto, inclue o sentido do humor no teu día a día e notarás que “cando te ríes de algo que te molestou, perde o poder sobre ti” (Eric Ralf)

 

Anímaste a sumarte ó noso plan para o 2019?

 

Holden, R. 81993). La risa la mejor medicina. Barcelona: Ediciones Oniro.

Martin R.A. La psicología del humor: un enfoque integrador. Madrid: Orión Ediciones; 2008.

Panish, J. (2002). Life satisfaction in the elderly: The role of sexuality, sense of humor, and health. Dissertation Abstracts International, 63.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *