COMO RECOÑECER O ESTRÉS

Hoxe adicamos esta publicación ó tan coñecido estrés, cunha reflexión da nosa colaboradora e colega de profesión María Garrido, psicóloga tamén en Teo, que estrea curso en “A Albeitaría”, adxuntamos link por se vos apetece asistir:

por se vos apetece asistir:

APRENDIENDO A GESTIONAR EL ESTRÉS.

http://albeitaria.com/aprendiendo-a-gestionar-el-estres/

“Cando pensamos no estrés, pode que o primeiro que nos veña á cabeza, sexa un executivo; e certamente, moitos estano; pero non é único deste colectivo.

Todos padecemos nalgún momento estrés, pois é o efecto de non poder ou saber parar.

A continua “activación”, é dicir, o estrés; é o que observamos como algo perxudicial para a saúde. Supón que non somos capaces ou nos resulta moi difícil, realizar unha desactivación da enerxía implicada en calquera acción. É máis, parece que non podemos desactivar ese ímpetu e a medida que pasa o tempo, prodúcese un proceso sumativo que nos leva a sufrir efectos desastrosos para a nosa saúde.

É un motor en marcha continua, que non sabemos parar.

Supoñamos que estamos falando dunha máquina, o motor dun coche por exemplo. O coche ten a función de levarnos dun lado a outro, pero imaxinémonos que pola circunstancia que fose non puideramos parar o motor. Canto gasto e desgaste podería supoñer isto?

Permanecer todo o día acelerado, ter a sensación de non ter tempo para nada, vivir na cresta da onda… supón unha aceleración para todos os procesos que ocorren no noso corpo, na nosa mente e na nosa emoción, que tarde ou cedo pasará unha factura un tanto cara.

“Pero cambiar un hábito é tan difícil…, en realidade dame un pouco de pereza…, iso pásalle a outras persoas…”.

Todo proceso de cambio bótanos para atrás, sobre todo cando pensamos que realmente non temos un problema, ou os efectos que observamos en nós non nos parecen tan importantes como para facer o “esforzo”. Pero é vital, concienciarnos de que saber xestionar a enerxía que implicamos nas actividades é tan necesario, coma beber auga”.

María Garrido
Psicólogo

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *