Blue Monday

É un término acuñado polo psicólogo Cliff Arnall en 2005, para sinalar o terceiro luns de xaneiro como o día mais triste do año no hemisferio norte, posto que en inglés “Blue Monday” significa “Luns Triste” ao vincular o azul con esta emoción. A realidade detrás deste concepto é que naceu como parte dunha campaña publicitaria da axencia de viaxes Sky Travel xa desaparecida, que intentaba aumentar as súas ventas nesta época do ano e deu lugar á gran polémica. As claves nas que se basearon para referirse a este luns como o “mais deprimente” foron unha “fórmula matemática” que incluía os seguintes factores que se dan en enero no hemisferio norte:

Factor Climático: Época de frío e choiva na que temos tendencia a estar menos no exterior con xente e pasar moito tempo na casa aislados.

Factor Económico: Os petos ainda non se recuperaron dos excesos do Nadal.

Factor Motivacional: As resolucións e propósitos de aninovo empezan a incumplirse.

 

Pero de verdade é un día triste? Todos os anos ao chegar esta data, empezan o debate e as críticas, existindo persoas que apoian e que negan a existencia de tal acontecimento considerandoo un “sinsentido”. A decisión final sobre o debate deixámola nas vosas mentes individuais, pero o que sí está claro é que é un día no que se inundan as redes sociais de mensaxes de ánimo de personas para contrarrestar o clima xeral e de empresas para aproveitar e vender algún producto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *