Diagnosticando o Alzheimer cunha análise de sangue

A enfermidade de Alzheimer (EA) é un trastorno dexenerativo e incurable do Sistema Nervioso Central que causa demencia. O diagnóstico definitivo desta enfermidade é solo posible na autopsia, pero os investigadores elaboraron probas diagnósticas ao longo das décadas, que permitan detectar esta enfermidade o antes posible para poder retrasar os seus efectos e prolongar a calidade de vida de quen a padece. Entre as probas diagnósticas máis empregadas encontranse as neuropsicolóxicas e a neuroimaxe.

Recentemente uns investigadores alemáns e estadounidenses realizaron un estudo sobre o reconto da proteína Tau en sangue, coñecida pola sua presenza nas neuronas nesta patoloxía. O máis relevante da sua investigación é que esta técnica permite detectar o dano cerebral causado polo Alzheimer moito antes de que se dean os primeiros síntomas, polo que podería iniciarse antes o tratamento que  enlentezca o deterioro. Observaron que ó morrer unha neurona consecuencia da enfermidade, a antedita proteína, a cal foise acumulando, filtrase hacia o líquido cefalorraquídeo que baña o cerebro e a médula espinal, e de ahí pasa ó torrente sanguíneo permitindo ser detectado cunha simple análise.

Ainda quedan moitos detalles que precisar, pero no estudo detectaron os casos con Alzheimer cun 90% de precisión con esta técnica, o que a convirte nunha técnica prometedora para a detección do dano cerebral causado por patoloxías neurodexenerativas asociadas a esta proteína.

 

 

www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2019/01/21/5c45ed1afdddff1e288b4631.html.

www.cuidarbien.es/te-ensenamos/un-analisis-de-sangre-podria-detectar-la-enfermedad-de-alzheimer.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *