Datos curiosos sobre a tartamudez

Comúnmente falamos de tartamudez cando escoitamos a unha persoa “trabarse” ou “non arrancar” á hora de falar.

En termos máis clínicos, este tipo de alteración na fala coñécese co nome de disfemia e atopámola en máis casos dos que pensamos.

A día de hoxe, non se coñece cal pode ser a orixe ou a causa deste trastorno, sen embargo, o que sí pode afirmarse é que a tartamudez é un trastorno neurolóxico e non psicolóxico, aínda que as consecuencias persoais e sociais para as persoas que a padecen, inciden negativamente no estado emocional das mesmas.

As persoas que a padecen son totalmente normais, pois non é unha enfermidade nin aparece por ter unha deficiencia.

O famoso filósofo Aristóteles foi un dos primeiros en falar abertamente sobre a disfemia, xa que era unha afectación que el padecía. Este filósofo sostiña que as persoas que presentaban tartamudez era porque pensaban moito máis rápido do que podían falar. Segundo este autor, as súas ideas fluían con tanta velocidade que se agolpaban na súa boca e non saían de maneira fluída.

Outros  persoaxes famosos que padeceron de disfemia foron, por exemplo: Miguel de Cervantes, Isaac Newton, Marilyn Monroe, Charles Darwin ou Winston Churchill, entre outros.

Certo é, que ao fin e ao cabo, todo é cuestión de tempo. Hai persoas que poden falar fluidamente sen pensar e outros que necesitan máis tempo para expresarse de forma fluida, así como hai persoas máis altas ou máis baixas.

Estas persoas necesitan de tempo e paciencia para ser escoitadas, e tamén necesitan de respecto xa que son persoas que polo xeral sofren de ansiedade e fobia social, máis pola resposta da sociedade ante o seu problema que polo problema en sí mesmo.

En canto ao tema de se ten cura ou non, desgraciadamente nestes momentos non se dou cunha cura para a disfemia nin farmacolóxica nin a través de intervencións logopédicas e psicolóxicas, pero cabe destacar que as persoas con disfemia que inician tratamento logopédico e psicolóxico melloran, tanto na fluidez da fala como no seu estado emocional.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *