PROPÓSITOS 2019 – FEBREIRO (2º)

Continuamos ca proposta mensual de propósitos para o coidado da nosa saúde mental no 2019, de modo que se convirta nun hábito duradero. O mes pasado falamos da importancia de vivir o noso día a día incluindo a perspectiva do humor, e dos beneficios de incluir tal medida.  Agora en febrero, falamos dun dos que serán os pilares básicos para futuros propósitos:

 Chegan a consulta numerosos casos de persoas con baixa autoestima ou con problemas derivados da mesma debido ós limites que se autoimpoñen. Pero, o mais salientable non é tanto o número de casos que chegan senón que moitos deles non saben identificar que teñen baixa autoestima e acuden ante a presenza de síntomas de ansiedade.

A auto-estima (aprecio por un mesmo) engloba o conxunto de crenzas, percepcións e avaliacións que facemos acerca de nós baseada nas nosas experiencias de vida, polo que cultivar unha autoestima sana, é un traballo continuo ó que temos que darlle a importancia e o tempo que merece en tanto que é un dos pilares do noso benestar mental.

Pero a autoestima non é algo que se teña ou non, senon que é debemos imaxinala como un continuo no cal cada persoa encontrase nun grado distinto. Sen embargo, resulta extremadamente complexo cultivala na sociedade actual na cal existe a falsa crenza de que o noso valor como individuo ven determinado por características que posuamos e cousas que fagamos no fogar, no ámbito educativo, no traballo….etc. Deste modo aumentan as persoas con falta de seguridade en si mesmas; con dificultades para expresar gustos, sentimentos e opinións por medo a ser rexeitados; ca percepción de que como non van a dar conseguido algo pois xa non merece a pena inténtalo; ca necesidade de aprobación dos outros para tomar calquer tipo de decisión e cero iniciativa;  con nerviosismo constante e atribuíndo os logros a causas externas e os fracasos a causas internas…en resumidas contas, persoas con baixa autoestima.

Que podemos facer para aumentar a nosa autoestima?

  • Metas realistas

Unha baixa autoestima suele ser orixinada e mantida entre outros factores pola tendencia xeral a escoller metas para as cales aínda non estamos preparados, ca consecuente desesperanza cando non as conseguimos e a tendencia xeral a desenvolver un pensamento negativista de tipo “non podo”. O ideal sería graduar grandes logros en metas pequenas mais asumibles que podamos ir alcanzando e desa forma nos reforcen para continuar o camiño e atrevernos a afrontar mais retos, sen martirizarnos polas metas que non acadamos, e valorando as que si.

  • Pensamento positivo

Relacionado co anterior, é moi habitual que nos intres nos que afrontamos un reto no cal entramos no anteriormente descrito bucle negativo de  “non podo”  non sexamos capaces de continuar, pero por tópico que sone, é imprescindible valorarnos nas nosas aptitudes e actitudes e apoiarnos no entorno para cambiar o chip e ter como mantra “vou a inténtalo”, “sairá ben”, desa forma atreverémonos a intentar mais a menudo cousas fora da nosa zona de confort e iso supoñerá un reforzó da autoestima en si mesmo.

  • Aceptarnos e non compararnos

Non debemos adicar nin un segundo de tempo a envidiar o que teñen outros porque estaremos perdendo un tempo precioso para acadar esas mesmas metas por nos mesmos e solo nos sentiremos desgraciados. Todas as persoas teñen características que os fan valiosos, polo que é importante reflexionar sobre os nosos puntos fortes  e non sentirnos mal por cousas que consideremos debilidades, senon intentar melloralas e non estancarnos. Da mesma forma tamén debemos aprender a seleccionar que persoas e ambientes (laborais, académicos, sociais) do noso entorno nos retribúen felicidade e cales son lastres emocionais.

  • Amor propio incondicional

A persoa que mais nos vai querer, somos nós mesmos, polo que temos que dedicarnos tempo na nosa rutina diaria tanto no autocoidado  como adicándolle tempo as nosas aficións.

Por outro lado debemos ser conscientes da linguaxe que usamos para falarnos cando por exemplo nos miramos no espello, posto que as veces somos demasiado agresivos con nós e empregamos uns calificativos pexorativos que o único que consiguen é afondar nas inseguridades que tiñamos. En lugar disto, deberíamos dedicarnos unas palabras bonitas pola mañá para empezar o día de forma positiva.

Resultado de imagen de autoestima png reflejo

 

…. Os casos mais graves de autoestima deberán ser tratados por un profesional co fin de modificar estes patróns de pensamento tóxicos.

 

 

Referencias bibliográficas:

Branden, N. (1995). Los seis pilares de la autoestima. Barcelona: Paidós.

Neff, K. (2012). Sé amable contigo mismo. El arte de la compasión hacia uno mismo. Barcelona, España: Oniro.

Aluicio, A., & Revellino, M. (2011). Relación entre autoeficacia, autoestima, asertividad, y rendimiento académico, en estudiantes que ingresaron a Terapia Ocupacional.

Mézerville, G. D. (2004). Ejes de salud mental: los procesos de autoestima, dar y recibir afecto, y adaptación al estrés.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *