Envellecemento Normal Vs. Patolóxico – (1º)

 

Co paso dos anos, as nosas habilidades cognitivas van sufrindo un desgaste cuantitativo e cualitativo que pode formar parte do proceso normal de envellecemento ou pode ser indicativo do inicio dun proceso patolóxico coñecido como trastorno neurocognitivo. Este pode ser menor ou maior según o grado de interferencia na vida diaria do individuo.

O trastorno neurocognitivo menor  denominase tamén DCL ou Deterioro Cognitivo Lixeiro, e engloba os declives en determinados dominios cognitivos en comparación con persoas sanas da mesma idade e nivel educativo, sen interferir na independencia persoal en gran medida, esixindo estratexias compensatorias para suplir eses déficits que poidan aparecer para resolver os retos da vida cotiá. Por outro lado, o trastorno neurocognitivo maior é coñecido tamén como Demencia, dentro da cal existen varios tipos según as áreas cerebrais comprometidas e a sintomatoloxía resultante. As demencias caracterizanse polo seu carácter limitante según progresa o deterioro, afectando ó funcionamento normativo de quen a padece.

 

 

Para diferenciar entre os déficits esperables debidos á idade, dos déficits patolóxicos de moderados a graves respecto ós niveis de rendemento previos da persoa, atendese tanto á preocupación do propio individuo como a dun informante que o coñece, ademáis da evaluación neuropsicolóxica que realiza un profesional.

Nos trastornos neurocognitivos, a memoria suele ser a principal función cognitiva afectada, puidendo presentar dificultades no rexistro, almacenamento e/ou recuperación de información xeral e de datos autobiográficos. Pero ademáis, tamén suelen verse afectados ó razoamento e a atención entre outras.

As demencias son síndromes que afectan ó estado cognitivo, emocional e social  xerando gran interferencia en quenes as padecen e los que conviven cos enfermos, ó non presentar estas persoas conciencia de enfermidade.  Existen varios tipos de demencias, e cada unha delas presenta un perfil de afectación distinto:

 

  • Demencias primarias ou dexenerativas:

    • Corticais
      • Enfermidade de Alzheimer
      • Dexeneracion fronto-temporal (complexo de Pick)
      • Enfermidade por corpos de Lewy
    • Subcorticais
      • Demencia na enfermidade de Parkinson
      • Demencia na enfermidade de Huntington

 

  • Demencias secundarias:

    • Demencias vasculares
    • Demencias de orixen infeccioso (por VIH, por priones)
    • Demencias asociadas a traumatismos cerebrais
    • Demencias por medicamentos ou consumo de sustancias
    • Demencias asociadas a tumores ou cancer.
    • Demencias de orixen endocrino-metabólico
    • Demencias de orixen tóxico
    • Demencias asociadas a alteracións psiquiátricas.
    • Demencias asociadas a epilepsia

 

  • Demencias combinadas ou de etioloxía múltiple

 

 

 

Se estás interesado en obter más información sobre esta temática, estate atento ás publicacións dos próximos meses, nas que iremos falando por separado das demencias máis habituais.

 

 

 

 

Alberca, R. y López Pousa, S. (2010). Enfermedad de Alzheimer y otras demencias (4ª Edición). Madrid: Panamericana

Cabeza, R., Nyberg, L. y Park, D. (2005). Cognitive Neuroscience of Aging. Linking Cognitive and Cerebral Aging. Oxford, UK: Oxford University Press

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *