Propósitos 2019 – Marzo (3º)

Volvemos cunha nova proposta para este mes! Novo propósito para o coidado da nosa saúde mental do 2019!

Recapitulando o visto en meses anteriores, aprendemos a importancia de incluir o sentido do humor e de traballar na mellora da autoestima. Neste marzo, analizaremos a relevancia que ten o exercicio físico, non na estética corporal senon no equilibrio da psique.

Que impacto ten a realización de exercicio físico na saúde mental?

O exercicio físico ten non só beneficios na saúde física ao mellorar o funcionamento cardiovascular e previr enfermidades relacionadas co sobrepeso senon que ao osixenar, o cerebro contribúe a unha boa circulación cerebral coa consecuente prevención de accidentes cerebrovasculares e ao mellor funcionamento cognitivo xeral.  Isto é importante a tódalas idades, pero especialmente segundo avanzamos en idade, posto que co envellecemento se produce unha diminución das habilidades mentais e da velocidade de procesamento da información se a vida do individuo é sedentaria e nada estimulante a nivel cognitivo.

O mantemento dunha actividade física moderada pero sostida no tempo, permite estimular a producción dunha serie de substancias como o factor neurotrófico cerebral (BDNF) asociadas á saúde das neuronas e a transmisión nerviosa que dá lugar a melloras na atención, memoria, etc e  constitúen un factor de protección fronte a enfermidades neurodexenerativas como o Alzheimer e o Parkinson.

Ademais, constitúe unha das mellores ferramentas na loita contra a ansiedade,  ao regular a activación fisiolóxica e producir un efecto que dura ata varias horas despois da realización da actividade. Isto é debido, por un lado, ó efecto que ten o exercicio sobre os músculos que permite que solten a tensión e o agarrotamento, xunto coa liberación de serotonina e endorfinas e, por outro, á distracción temporal do foco de atención nos problemas diarios ó ter que concentrarse na realización dun exercicio.

Ademais, o efecto que ten na parte estética, ó poñernos en forma, repercute positivamente na autoimaxe que temos de nós mesmos, contribuíndo a que nos vexamos atractivos e áxiles incrementando así a nosa autoestima e mellorando o noso estado de ánimo global.

Outros beneficios coñecidos da actividade física regular son os referidos á mellora da calidade do sono e do establecemento da disciplina persoal. Ademais, na medida na que moitos deportes teñen base no equipo, facilitan a interacción social e o establecemento de vínculos sans e de calidade.

 

 

 

Que tipo de exercicios temos que facer? Con que frecuencia?

Para comezar a notar beneficios ó practicar algún deporte, debemos facelo de forma regular, e a unha intensidade moderada. É dicir, non nos aporta grandes cambios saír a correr un día se o resto do mes somos totalmente sedentarios; é preferible incluir na rutina diaria camiñar  30 minutos se iso nos permite mantelo no tempo. O recomendado habitualmente é adicarlle entre media hora e unha de 3 a 5 veces por semana, e o tipo de exercicio dependerá da nosa condición física inicial, idade e peso, polo que se non temos claro por onde comezar, o preferible é consultar antes a un profesional do deporte e ó médico sobre a nosa saúde.

 

Referenzas bibliográficas:

Ramírez, W., Vinaccia, S., & Gustavo, R. S. (2004). El impacto de la actividad física y el deporte sobre la salud, la cognición, la socialización y el rendimiento académico: una revisión teórica. Revista de estudios sociales, (18), 67-75.

Chekroud, S.R., Gueorguieva, R., Zheutlin, A.B., Paulus, M., Krumholz, H.M., Krystal, J.H. & Chekroud, A.M. (2018). Association between physical exercise and mental health in 1-,2 million individuals in the USA between 2011-2015: a cross-sectional study. The Lancet Psychiatry.

Jiménez-Torres, M. G., Martínez Narváez, P., Miró Morales, E., & Sánchez Gómez, A. I. (2008). Bienestar psicológico y hábitos saludables:¿ Están asociados a la práctica de ejercicio físico?.

Carbonell Baeza, A., Aparicio García-Molina, V. A., & Delgado Fernández, M. (2009). Efectos del envejecimiento en las capacidades físicas: implicaciones en las recomendaciones de ejercicio físico en personas mayores. RICYDE. Revista Internacional de Ciencias del Deporte, (17).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *