Fisioterapia e Psicoloxía, ¿disciplinas relacionadas?

Gracias á colaboración da nosa compañeira e fisioterapeuta Astrid,  traemos esta semana unha entrada sobre os efectos da ansiedade, tan traballada nos gabinetes de psicoloxía, sobre o corpo por ser a principal causante da tensión muscular.

Sen mais preámbulos, introducimos con esta publicación o motivo polo cal é tan importante que nestas dúas disciplinas profesionais traballemos man á man para resolver multitude de casos cunha visión interdisciplinar.

  

 

“ANSIEDADE E TENSIÓN MUSCULAR”

 

Ó longo da nosa vida preséntanse diferentes retos ós que enfrentarnos e o resultado deles depende tanto da nosa forma de xestionalos como dos diferentes ámbitos que se vexan afectados: laboral, familiar, social, etc. Cando consideramos que non temos os recursos necesarios para superar ditos retos, producese no noso corpo unha resposta de sobreactivación neurohormonal  a nivel endocrino (hipotálamo -> hipófisis -> órganos diana) para enfrontar ó estímulo estresante interno ou externo. Esta resposta, denominada “resposta de ansiedade” caracterizase polos estados de inquietude e nerviosismo, dificultade para respirar, palpitacións, molestias estomacales, tensión muscular e alteracións na nosa capacidade de pensamento (ideas rumiativas), comportamento (inadecuada conducta alimentaria) e emoción, ademais de ser a principal causa da debilidade muscular. A resposta ante ó estrés é o producto da evolución da especie para afrontar os perigos da vida, pero cando dito peligro non é real senon unha percepción ficticia, convirtese en dañino ó xerar tal estado de alerta mental, física e emocional que de prolongarse no tempo supón un desgaste enerxético (homeostasis orgánica) e por tanto un deterioro xeneralizado.

En ocasións non somos conscientes de que o corpo é unha unidade, e que cada vez que interiorizamos as nosas emocións e preocupacións xeramos a nivel muscular unha RESPOSTA de tensión muscular, por sobrecarga de información dos neuroreceptores. Se non tomamos medidas para reducir e previr esta tensión, siguese acumulando día tras día dándose un efecto en cadena de debilidade muscular polo aumento do fluxo sanguíneo; cervicalxias cos consecuentes mareos e migrañas entre outras consecuencias. De ahí que a intervención profesional  (Médicos, Psicólogos, Fisioterapeutas) sexa de gran relevancia nestes casos, posto que correxirlo nun inicio é sinxelo e aumenta en dificultade conforme avanzan as consecuencias (físicas, emocionais e mentais) da tensión nerviosa.

Astrid Henao Jaspe,

Diplomada en Fisioterapia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *