¿Teño Demencia? – (2º Serie Demencias)

Na primeira publicación desta serie sobre demencias, vimos as diferenzas entre un envellecemento normal/san, e un envellecemento patolóxico como no caso do deterioro cognitivo leve e as demencias (http://www.gabineteetapas.com/Blog/blog/2019/02/25/envellecemento-normal-vs-patoloxico-1o/).  Plantexamos ademais unha clasificación cos tipos de demencias, pero antes velas en profundidade, debemos entender cales son los síntomas compartidos polas demencias e desta forma aprender a detectalos.

A percepción de déficits a nivel cognitivo, e común tanto no envellecemento san como no patolóxico, polo que non ten que alarmarnos nun primeiro momento. Na vida existen múltiples factores que nos afectan e poden implicar a diminución da “axilidade” mental, da velocidade ca que procesamos información, e das habilidades de retención de dita información, como son o estrés, os problemas de saúde, o cansancio, etc. Un deses factores é a falta de estimulación cognitiva diaria intensa que ocorre cando as persoas comezan a xubilación e non teñen por obrigación que enfrontar certos retos cognitivos diarios comúns na vida laboral. Ademais, ca vellez poden chegar inconvenientes físicos como a pérdida de visión e audición que da lugar tamén a unha diminución das habilidades atencionais e xeralmente implican certo illamento social se os déficits dificultan por exemplo manter conversacións ó non oír correctamente. Polo tanto, os motivos por los cales na vellez percibimos dificultades para concentrarnos, memorizar, evocar información e resolver certas tarefas non teñen necesariamente que ser debidos a unha patoloxía neurodexenerativa, pero igualmente merecen a nosa atención. Debemos adquirir o hábito dende novos de coidar a nosa saude en todos os aspectos, incluindo exercitarnos cognitivamente en todas as etapas e previr o deterioro cognitivo.

 

¿E como diferencio si as dificultades cognitivas que detecto en min ou en alguén do meu entorno son normais debido a idade, ou son patolóxicas?

A resposta “breve” vímola na primeira publicación desta serie, e refierese ó grado de interferencia destas dificultades na nosa vida diaria e a súa frecuencia. Cando nos impidan levar a cabo algunha tarefa, e non sexan puntuais debido ó cansancio, ó estrés ou outro factor similar, senon constantes, é recomendable acudir a un profesional para unha evaluación en profundidade. Unha demencia establecida caracterizase por unha serie de síntomas cognitivos e conductuais que varían lixeiramente dunha demencia a outra (patróns lesionais), e dun individuo a outro (curso evolutivo) según as áreas cerebrais que se vexan comprometidas, e incluen alteracións no razoamento, a atención, a comunicación e a memoria. Sen embargo, non ocorren dun día para outro, senon que son progresivas e comezan con síntomas que nos poden servir de alarma para detectar ó seu inicio.

1. Cambios na memoria a corto plazo, que solen ser sutís, afectando á memoria recente (que almorzaron, onde deixaron un obxeto fai minutos, onde debían ir ese día…) pero non ós eventos ocurridos fai anos.

2. Cambios no estado de ánimo e na personalidade debido a que a enfermidade afecta ó xuizo e á percepción dun mesmo,

3. Apatía ou pérdida do interés na realización de actividades e compañía que antes disfrutaban.

4. Ser repetitivo tanto con tarefas (limpeza), rutinas (afeitarse) e conversacións (repetir preguntas despois de ser respondidas).

5. Dificultade para

  • Encontrar as palabras correctas e usarlas adecuadamente para comunicar algo, ca consecuente dificultade para seguir e participar en conversacións, entender programas da televisión, e contar historias….
  • Recoñecer caras, lugares, direccións e situacións familiares.
  • Completar as tarefas complexas e adquirir novas rutinas e adaptarse ós cambios, xerados pola dificultade de recordar nova información.

 

 

 

 

Alberca, R. y López Pousa, S. (2010). Enfermedad de Alzheimer y otras demencias (4ª Edición). Madrid: Panamericana

Cabeza, R., Nyberg, L. y Park, D. (2005). Cognitive Neuroscience of Aging. Linking Cognitive and Cerebral Aging. Oxford, UK: Oxford University Press

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *