Cando acudir ao Logopeda

Aínda que a logopedia cada vez é máis visible na sociedade, seguimos dubidando no seguinte: Cando e por que debemos acudir a un logopeda? Se pensamos nos nosos pequenos, a preocupación en moitas ocasións aumenta, pois corren maior risco de sufrir algún trastorno neste aspecto, xa que viven nunha etapa na que se está a adquirir unha linguaxe correcta que aínda non maduraron e que será a ferramenta máis valiosa de comunicación que teñan.

Cando un neno non fala ben, tartamudea, ten problemas na escrita, non comprende ben o que se lle di ou o que le… estanos a avisar de que algo pode non ir ben no seu proceso adquisitorio da linguaxe. Isto non debería ser un problema de total gravidade, pois a maioría destas dificultades poden ser corrixidas polo logopeda.

Os logopedas non só nos adicamos a corrixir a incorrecta articulación dun determinado fonema, senón que tratamos dislexias, retrasos na fala, inmaduracións na escritura, problemas na comprensión e unha infinidade de dificultades que poden aparecer en diferentes etapas da vida dunha persoa e que non lle permite comunicarse correctamente.

Con todo, antes de alarmarse, os pais deberían ter en conta e coñecer as etapas do desenvolvemento normal do neno se
gundo as idades e, de apreciarse alguna anomalía, deberían acudir a un profesional en logopedia que os oriente e os axude a mellorar a situación do seu fillo. E é que, no momento no que vexamos que algo non anda ben, é importante non esperar demasiado ou non pensar que “cada neno vaia ao seu ritmo” xa que iso pode dificultar o seu desenvolvemento. No noso gabinete atendemos calquera necesidade e resolvemos todas as dúbidas!

 

 

Lorena Lamela

Logopeda do Gabinete Psicoeduativo Etapas de Cacheiras

(artigo publicado no teovivo)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *