Propósitos 2019 – ABRIL (4º)

Novo mes… nova proposta para o coidado da saúde mental. Esta vez, centrarémonos na forma que temos de enfrentar os problemas da vida, “a xestión dos conflictos” aprendendo a autoavaliarnos e mellorar as nosas habilidades resolutivas.

 

 

Cando os nosos intereses/decisión non coinciden cos das outras persoas do noso entorno, poden xerar conflictos, e incluso, cando temos que tomar una decisión que solo nos implica a nós mesmos, as veces tamén xurden conflictos, nesta ocasión, de tipo interno. E todos eles son inevitables na medida que somos seres sociais que viven en comunidade. Ademais de inevitables, os conflictos , ben levados, non son necesariamente negativos, xa que suelen invitar  á reflexión e o desenvolvemento de novas pautas de relación e conducta alternativas as habituais, permitindo o crecimiento persoal  a través da adquisición de recursos persoais e sociais de comunicación eficaz e o incremento da creatividade na resolución de futuros obstáculos.

Pero, algunha vez planteacheste como sueles afrontar ós conflictos?. Porque evidentemente non hay una única forma de resolvelos, non se trata sempre dunha competición no que “un gana e o outro perde”, senon que polo contrario hay alternativas como buscar un punto intermedio no que ambas partes gañen o mesmo e/ou  sumar forzas e compartir o gañado de forma que “se un gana o outro tamén”.

A grandes rasgos, a literatura sobre esta temática, fala de 5 ESTILOS DE XESTIÓN DE CONFLICTOS (modelo de Kilmann y Thomas), cada un ligado a factores contextuais e necesidades persoais, pero non son sempre estilos únicos e puros os mostrados por cada individuo, senon que solemos ter un abanico de respostas ante os conflictos con características de varios dos estilos, resolvendo cada conflicto de forma diferencial dependendo de multiples factores, reacomodándonos as exigencias de cada situación. Estes 5 estilos, son o resultado da combinación de dúas dimensións:

Dimensión 1: grado no que buscamos satisfacer necesidades propias (asertividade/determinación)

Dimensión 2: grado no que buscamos satisfacer necesidades dos outros (colaboración)

 

Dando lugar ós seguintes estilos de afrontamento:

  1. ESTILO COMPETITIVO: caracterizado por alta determinación e baixa cooperación, orientado ó poder e a antepoñer os seus intereses sobre os dos demais.

 

  1. ESTILO COMPLACIENTE: caracterizado por baixos niveis de determinación e altos de cooperación, que suele ceder ás exigencias dos demais e complacer os desexos doutros ainda que non quera facer o que lle piden.

 

  1. ESTILO EVITATIVO/EVASIVO: caracterizado por baixos niveis de determinación e cooperación, pospoñendo toda decisión e actuando pasivamente ante situación que entenda como amenazadoras.

 

  1. ESTILO COLABORADOR: caracterizado por alto grado de determinación e cooperación, traballando por acadar una solución que interese a ambas partes e aprendendo das propostas e motivos dos outros.

 

  1. ESTILO COMPROMETIDO: caracterizado polo equilibrio entre a determinación e a cooperación, buscando solución que satisfagan parcialmente a ambas partes, resolvendo o problema facendo concesiones e sen evadilo pero tampouco profundizando nel tanto como cando se colabora.

 

Saberías definir o teu estilo ou estilos de resolución de conflictos?

A proposta deste mes está ligada fundamentalmente a ser mais conscientes de como nos enfrentamos a cada un dos conflictos da nosa vida diaria. Posto que non hay una solución máxica que sirva para resolver todos os conflictos, debemos traballar en entendernos a nós mesmos e as nosas pautas habituais de comportamento, porque a solución encontrase xustamente neso, en detectar que patróns non nos están funcionando e modificalos.

 

Referencias bibliográficas:

Thomas, K. (2008). Thomas-Kilmann Modos de conflicto Instrumento. Perfil e informe interpretativo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *