8 Consellos para coidadores de persoas con demencia – (3º Demencias)

En entradas previas deste blog vimos unha clasificación dos principais tipos de demencia e os seus síntomas clave  tanto cognitivos como emocionais e de conducta destas dolencias, que provocan que o coidado dunha persona con demencia sexa estresante e doloroso para os seus familiares.

Con esta nova publicación queremos adentrarnos un pouco na outra cara da moneda, nos coidadores desas persoas, para ofrecer alguns consellos á hora de facer fronte a certas situacións do coidado. Estos serán consellos xerais aplicables a todos os tipos de demencia, pero non quita que cada caso sexa diferente tanto pola patoloxía, como polo individuo, o seu entorno e as súas posibilidades, polo que é importante entender que si afrontan situacións complexas acudan a un profesional para analizar o caso e actuar sobre os factores adecuados.

 

  • Consello 1: Ó detectar déficits notables que comecen a afectar a rutina diaria, débese acudir ó médico co fin de diagnosticar de forma fiable e rápida a posible patoloxía e referirlo a un especialista si se confirma que padece algún tipo de demencia. Así poderáse intervir e protexer o cerebro fronte ó proceso de morte neuronal co fin de enlentecer o deterioro.

 

  • Consello 2: Ó tomar a decisión de coidar dunha persoa querida con demencia debemos facelo sabendo que é un proceso que non vai ir a mellor, e terá momentos moi duros, polo que debemos establecer un entorno estable de coidados sen olvidarse dun mesmo e intentando compaxinar o novo rol ca vida propia. E vital entender que para coidar dun enfermo antes debemos coidar de nós mesmos e descansar, senon non teremos forzas para afrontar os retos diarios que supón.

  • Consello 3: Coñecer o proceso de deterioro ligado ás demencias e os aspectos que vense afectados facilita entender os motivos polos que quen a padece comportase de determinadas formas que nos afectan e actuar correctamente en consecuencia. Do mesmo modo poderemos explicarlle á xente que nos rodea os cambios de comportamento que lles sorprendan por parte do enfermo.

 

  • Consello 4: É importante adaptarse as necesidades concretas de cada enfermo, posto que nas primeras fases a persona será autónoma e solo necesitará axudas puntuais, polo que hay que axudarlle coidando a privacidade e dignidade do afectado. A medida que a patoloxía avance o coidador terá que invertir moito máis tempo non solo nos coidados diarios senon na xestión de aspectos financieiros e médicos polo que o ideal e falar co afectado en estados iniciais para coñecer os seus desexos sobre todos os temas futuros que poidan ir xurdindo para tomar as decisións que respeten a súa persona.

Imagen relacionada

 

  • Consello 5: paciencia, sobre todas as cousas, será o maior aliado diariamente, posto que a parte máis difícil neste tipo de enfermidades son os problemas de conducta e comunicación co enfermo en etapas avanzadas e producirá desgaste na relación. Do mesmo modo, son comúns as alteracións de conducta en forma de rabietas, mordiscos, etc, momentos nos que é importante manter a calma e tranquilizar ó enfermo, posto que ó non poder aprender das novas experiencias non ten ningún sentido intentar razoar e reñir, xa que solo os alteraría máis. Ca práctica aprendese a ler a linguaxe corporal do enfermo para ver cando está alterándose e axudalos.

 

  • Consello 6: Na comunicación cunha persoa con demencia e bo evitar distraccións que supoñan un obstáculo atencional extra e tomar a iniciativa para estructurar a conversación si vemos que o enfermo abstraese. Ademáis do contenido da mensaxe debemos coidar a forma, falando vocalizando e mantendo o contacto visual para captar o foco atencional da persona, reformulando con palabras sencillas as mensaxes que non entendan, pero sempre con respeto e falandolle como os adultos que son.

 

 

  • Consello 7: En referencia a rutinas diarias:
    • Alimentación: Según progresa a enfermidade, os hábitos de comida, preferencias e incluso horarios poden cambiar, polo que as rutinas son importantes para facilitar os procesos. Ademáis, e habitual que en etapas avanzadas teñan dificultade para controlar o uso dos cubiertos e a temperatura dos alimentos, así como también debese ter especial coidado se empieza a haber problemas de deglución e  atragantamentos.
    • Hixiene: O momento do aseo é un das fontes de conflicto e ansiedade máis habituais posto que supón unha invasión do espazo íntimo polo que nas primeiras etapas da enfermidade debese ofrecer axuda sen impoñela e segundo avanza deixar que o enfermo marque o ritmo sen forzar as situacións e a velocidade.
    • Sono: Os cambios de horarios de sono, así como tamén de alteracións como sono intermitente, pesadelos e deambulación nocturna do enfermo pola casa son un dos problemas habituais que impacta sobre todas as persoas que convivan no fogar que requiren intervención médica e control constante.
    • Ocupación: A mellor forma de manter unha boa relación entre coidador e enfermo, así como tamén dun estado de ánimo positivo e realizar actividades que disfruten e permitan non estar constantemente pensando na enfermidade senon nas capacidades que ainda se manteñen preservadas e permiten ter unhas horas de normalidade.

 

  • Consello 8 e quizá o más importante: NON TEMA PEDIR AXUDA, non estás solo, incluso se non contades con outros familiares que poidan axudar, existen numerosas institucións públicas e privadas especializadas no trato con persoas con demencia. Xunto con estas, tamén se pode recurrir a fundacións e asociacións e solicitar diferentes prestacións económicas e servizos contemplados na Ley de Dependencia. A continuación quedan algúns links a organismos especializados:

https://crealzheimer.imserso.es/crealzheimer_01/index.htm

https://www.ceafa.es/

http://agadea.org/

https://afaga.com/es/

http://www.alzfae.org/

http://www.fundacionreinasofia.es/ES/Paginas/home.aspx

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *