Propósitos 2019 – MAIO (5ª)

Novo mes, novo propósito, esta vez adicado ós beneficios da lectura, aproveitando que estamos no mes das letras galegas.

O motivo polo que queremos reservar un espazo para destacar a importancia da lectura é polos grandes beneficios que ten ler para o cerebro tanto a nivel cultural como no puramente orgánico.

 

A lectura é unha desas actividades que deixa pegada no noso cerebro,  xa que ler diariamente require a activación de certas partes del relacionadas non só co procesamento lingüístico senon tamén ca atención e a memoria. Deste xeito, unha persoa que adique tempo a lectura está favorecendo a interconexión sináptica de varias rexións cerebrais, principalmente das neuronas do lóbulo temporal esquerdo, relacionadas co procesamento lingüístico e convertindo esta sinxela actividade nun factor de protección contra o deterioro cognitivo vinculado ó envellecemento e a certas patoloxías como as demencias. Esta protección ven dada pola creación de rutas comunicativas fortes entre neuronas que serven de camiño alternativo ás rutas dañadas polas anteditas circunstancias, puidendo transmitirse os impulsos nerviosos precisos para o correcto funcionamento cerebral.

Da mesma forma, ler aumenta a nosa capacidade para memorizar datos ó establecer conexión entre grupos de información e vinculándoos os estados emocionais do momento da lectura. E dicir, as emocións facilitan a recuperación de información almacenada previamente nun estado emocional equivalente, deste xeito, cando estamos tristes podemos recordar os versos dun poema co mesmo cariz emocional ou a letra dunha canción que vinculemos a ese estado anímico xa que vese facilitado por ese “disparador mnésico” que supón a emoción.

Outros beneficios da lectura son fácilmente comprensibles cando dedicamos un intre a analizalos. Así, entendemos como a lectura pode potenciar a empatía do lector a través das vivencias das personaxes da historia, cas que nos vinculamos e entendemos os motivos polos que actúan dunha forma ou outra no libro e chegando a imaxinarnos a nós memos no seu sitio. Do mesmo xeito a lectura facilita a desconexión da rutina e do estrés, permitindo ter momentos de calma diarios que derivan noutros dous beneficios, á reducción da rumiación de preocupacións, co consecuente aumento da calidade do sono, para todos aqueles que incluan na súa rutina nocturna a lectura antes de ir a durmir, iniciando o sono mais relaxados muscular e psíquicamente.

 

 

 

Por tanto, o PROPÓSITO DO MES DE MAIO, será iniciarse, retomar ou continuar unha lectura adaptada o gusto, necesidades e intereses de cada un de vós, sen tomalo como unha obligación, senon achegándonos á lectura co coñecemento dos seus beneficios e adicando uns minutos a reflexionar os aspectos positivos e aprendizaxes que teñen para cada unha desas lecturas.

 

Para aqueles que non teñan en mente ningún libro neste intre, aquí achegamos algunas recomendacións:

  • La Galicia Insolita – Antón Fraguas
  • Vidas Senlleiras – DARIO XOHAN CABANA
  • La ladrona de libros – Markus Zusak
  • El viejo y el mar – Ernest Hemingway
  • Una habitacion propia – VIRGINIA WOOLF
  • Desgracia – J. M. COETZEE
  • El nombre de la rosa – Umberto Eco
  • El don de las piedras – Jim Crace
  • Pensar Rápido, Pensar Despacio – Daniel Kahneman
  • Diez Negritos – Agatha Christie
  • El Capitán Alatriste – Arturo Pérez-Reverte
  • La sombra del ciprés es alargada – Miguel Delibes
  • La sonrisa etrusca – José Luis Sampedro
  • Los cuatro acuerdos: Un libro de sabiduría tolteca – Miguel Ruiz
  • El hombre que confundió a su mujer con un sombrero – Oliver Sacks
  • Un mago de Terramar – Ursula K. Le Guin
  • La caja negra – Amos Oz
  • Una vida que no es mía – Olivia Sudjic
  • SAKURA – Matilde Asensi

 

Referencias bibliográficas:

Esteve Esteve, M., & Collado Gil, Á. (2013). El hábito de lectura como factor protector de deterioro cognitivo. Gaceta Sanitaria27(1), 68-71.

Riquelme, E., Munita, F., Jara, E., & Montero, I. (2013). Reconocimiento facial de emociones y desarrollo de la empatía mediante la lectura mediada de literatura infantil. Cultura y educación25(3), 375-388.

The Wall Street Journal: Bibliotherapy: Reading Your Way To Mental Health.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *