Reserva Cognitiva – (4º Demencias)

Cando empregamos este término, referímonos á capacidade de preservación da memoria, que permite “disimular” os síntomas do deterioro cerebral propio de enfermidades neurodexenerativas como as demencias mediante a optimización dos recursos cerebrais. Deste modo, unha persona con alta reserva cognitiva tardaría máis en mostrar síntomas de demencia que unha persoa con menor reserva.

 

Como é isto posible?

Este enlentecimento do deterioro débese a que as persoas con maior reserva presentan máis habilidades cognitivas para compensar os déficits conductuais e as funcións cognitivas diminuidas polas lesións cerebrais propias das demencias. Por desgracia, en etapas avanzadas de demencia, cando o deterioro cognitivo é tan grave como para non poder empregar estas habilidades compensatorias, tamén presentarán un alto grado de dependencia como o das personas con menor reserva.

 

Como aumenta a reserva cognitiva?

Considérase que a reserva está vinculada ó grado de estimulación física e mental dun individuo, polo que factores como a educación formal, un traballo cognitivamente demandante e o hábito de ler, resolver enigmas de lóxica e en definitiva facer uso das funcións cognitivas (atención, memoria, solución de problemas…) contribuen a ampliar esta reserva e por tanto son un factor de protección fronte ó deterioro cognitivo. Nun vistazo en profundidade encontramos principalmente catro factores de protección, que son a actividade física moderada e frecuente, a estimulación cognitiva, o mantemento de redes sociais e de ocio e o bilingüismo:

A estimulación cognitiva é especialmente importante a idades tempranas para facilitar o desenvolvemento de redes neuronais aunque debe manterse durante toda a vida. Unha das principais formas de estimular as funcións cognitivas é a través da educación formal, pero  mantener o hábito de ler, facer crucigramas, conversar, investigar e aprender cousas novas, os xogos de mesa e outras actividades que realizamos ó longo da vida, tamén contribuen a este propósito. Do mesmo modo, profesións nas que se empregue a linguaxe, as matemáticas e o razoamento de forma constante tamén protexerán as estructuras neuronais fronte o deterioro.  Do mesmo modo, a actividade física en forma de exercicio aeróbico ligero favorece o bo riego sanguíneo cerebral e por tanto o seu correcto funcionamento.

O mantemento dunha boa rede social de apoio permite non solo mellorar o estado de ánimo senon reducir as probabilidades de desenvolver síntomas demenciais ó ser en sí mesma unha forma de manter a estimulación cognitiva ó implicarse en actividades de ocio e conversacionales frecuentes.

Por último, o Bilingüismo  é considerado factor protector debido a que a competición entre idiomas que ten lugar nestas personas favorece o desenvolvemento de mecanismos de control atencional que derivan na mellora do funcionamiento cognitivo.

 

 

A continuación queda un enlace a un video explicativo con máis información sobre este tema:

Resultado de imagen de logo video       https://www.youtube.com/watch?v=lB8558yqiSc

 

 

 

 

 

 

Referencias Bibliográficas:

Fernández del Olmo, A. (2016). Impacto del estilo de vida y la educación formal sobre el estado cognitivo de personas mayores sanas.

Lojo-Seoane, C., Facal, D., & Juncos-Rabadán, O. (2012). ¿ Previene la actividad intelectual el deterioro cognitivo? Relaciones entre reserva cognitiva y deterioro cognitivo ligero. Revista Española de Geriatría y Gerontología47(6), 270-278.

Rodríguez-Álvarez, M. & Sánchez-Rodríguez, J. L. (2004). Reserva cognitiva y demencia. Anales de psicología, 20: 175-186.

Bialystok, E., Craik, E. I. & Freedman, M. (2007). Bilingualism as a protection against the onset of symptoms of dementia. Neuropsychologia, 45: 459-464.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *