Propósitos 2019 – Xuño

Novo mes, nova publicación! Continuamos co coidado da salud mental a través desta serie de publicacións, nas que propoñemos unha tarefa para convertila en propósito do mes,  traballar nela, extraer aprendizaxes e aplicalos as nosas vidas. Aproveitando a chegada do bo clima, que suele ir da man da dedicación de máis tempo á realización de actividades ó aire libre, falaremos da importancia de establecer relacións sociais de calidade.

 

Por que son importantes as relacións sociais?

O establecimento de vínculos con outras persoas é un dos pilares máis importantes no mantemento do equilibrio psicolóxico posto que supón apoio e reforzo externo cando o precisamos, fomenta a participación en actividades de ocio,  aumenta a autoestima, é un factor de protección fronte a enfermidades e axuda a autodefinirse na medida que establecemos semellanzas, diferenzas, intereses e opinións propios e entendemos os doutras persoas.

Os seres humanos somos seres sociais que precisamos o contacto cos demáis para desenvolvernos, aprendendo os uns dos outros. Por iso, é importante iniciar actividades que nos axuden a superar ás barreras da timidez e da desconfianza e desenvolver as habilidades sociais que se precisan para abrirnos ós outros.

 

 

Que fai que unha relación social sexa de calidade?

A calidade das relacións ven directamente establecida polo grado de seguridade e confianza afectiva que nos xenera. Debemos aprender a identificar que amistades son positivas e polo contrario cales son tóxicas. Non ten sentido manter unha relación con alguén que nos trata mal ou quen soamente nos mantén no seu círculo por interés xa que son tipos de relacións que lastran e solo traen malestar. Polo contrario, unha relación de calidade será a que nos permita desenvolvernos social e individualmente e crear un entorno de crecimento persoal seguro e óptimo.

 

Como establecemos e coidamos os vínculos sociais?

En ocasións as dificultades ás que fai frente unha persoa á hora de establecer vínculos con outros poden venir dados por pautas educativas que recibiron, características de personalidade do continuo introversión-extroversión e como consecuencia de experiencias vividas con anterioridade entre outros motivos. Os detalles concretos de cada caso deberían ser analizados en detalle por un profesional se as dificultades que enfronta son tan significativas como para chegar a interferir de manera grave na sua capacidade de relacionarse.

As persoas que buscan mellorar a calidade das súas relacións interpersonais deben ter en conta que o primeiro paso é analizar dentro da nosa rede social que persoas nos fan felices e cales son persoas que aportan solo cousas negativas. As veces as persoas autoimpoñense unha presión excesiva acerca de con quen se teñen que levar e con quen non, obligándose a estar en certos entornos sociais e forzando a interacción cos outros, cousa que o único que xenera é ansiedade constante.   Se en lugar de centrarse na cantidade, as personas se centraran na calidade das súas relacións, entenderían que a confianza é a única forma de conseguir que unha amistade avance, e que para obtela non se pode forzar, non se consigue chascando os dedos senon que implica coidar da relación como o faríamos cunha planta, dedicarlle tempo e coidados, “regala” a diario para que crezca forte. Pasar tempo cunha persoa e compartir anécdotas personais, opinións e intereses e compartir aficións son “ingredientes” clave para nutrir unha boa relación, polo que un dos obxetivos deste mes radica en tomarnos o tempo necesario para ver cómo están os demáis, pois en ocasións deixamos pasar o tempo sen ter noticias dalgún dos nosos amigos, cando o adecuado é facerlles unha chamada ou ir a visitalos para comprobar que se encontran ben.

Outro dos puntos clave para desenvolver relacións de calidade está vinculado a un propósito tratado en meses anteriores  (http://www.gabineteetapas.com/Blog/es/2019/02/11/propositos-2019-febrero/) relacionado co coidado da autoestima, pois para conseguir boas relacións “externas” cos outros debemos traballar primeiro nas internas, é dicir, con nós mesmos, ca forma en que nos falamos e coidamos. Entender que estamos ó mesmo nivel que os demáis, que valemos o mesmo e merecemos o mesmo que outros, e os demáis o mesmo que nós. Relacionado con isto encontramos tamén a importancia de evitar os prexuizos acerca de situacións, persoas e experiencias, pois únicamente contribuen a crear unha falsa realidade na nosa mente baseada nunha percepción sesgada que nos dificulta relacionarnos con outros. Debemos estar abertos a conocer persoas sin dar por feito nada acerca dos mesmos. Do mesmo modo, debemos mostrar a nosa esencia como persoas sen medo ó rechazo, pois únicamente encontraremos vínculos de calidade con confianza plena se nos mostramos como somos realmente. Polo contrario, se mostramos una “máscara” as relacións que estableceremos serán boas para esa “personaxe ficticia” pero non satisfarán as nosas inquietudes reais. Non ten sentido perderse a uno mesmo no proceso de agradar ós outros, debemos respetarnos a nós memos se pretendemos que os demáis tamén o fagan. E sobre todo debes evitar a necesidade de aprobación constante, pois a sociedade está creando un entorno no que “precisamos” e “dependemos” da opinión pública, no que o que “outros opinen” sobre nós, convirtese no que “creemos que somos”. STOP! A única opinión ca que convivimos a diario é a que nós teñamos de nós mesmos, por tanto, debemos valorarnos máis e tomar as decisións que consideremos adecuadas para chegar ó lugar a donde queremos chegar. Ó final do día, nós somos os únicos que temos poder real sobre o que facemos ou non durante o día.

O propósito deste mes vai enfocado a  traballar no modo no que nos relacionamos cos demáis, dedicándolle tempo a analizar as nosas formas de interactuar cos outros e con nós mesmos. Concretamente debemos reflexionar sobre as amistades que actualmente temos, identificar as relacións sanas nas que debemos invertir tempo e coidados, xa que como mencionamos, unha amistade debe fomentarse cando ambos integrantes estén valorados na mesma intensidade e se respeten o un ó outro independentemente das súas diferenzas.

Unha vez identificadas, debemos practicar a escoita activa, é dicir atender non só ó que din senon a como ó din e ó que queren darnos a entender, para aprender dos outros e manifestar que as súas motivacións e preocupacións tamén son importantes para nós.

 

 

 

 

Referenzas bibliográficas:

Aronson, Elliot (2008). The Social Animal. Worth.

Berger, P. L., Luckmann, T., & Zuleta, S. (1968). La construcción social de la realidad (Vol. 975). Buenos Aires: Amorrortu.

Martínez González, A. E., Inglés Saura, C. J., Piqueras Rodríguez, J. A., & Ramos Linares, V. (2010). Importancia de los amigos y los padres en la salud y el rendimiento escolar.

Wolf, E. (1980). Relaciones de parentesco, de amistad y de patronazgo en las sociedades complejas. Antropología social de las sociedades complejas, 19-39.

4 thoughts on “Propósitos 2019 – Xuño

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *