Arrugas – (5º Serie Demencias)

Este mes decidimos romper a dinámica habitual do uso do formato escrito no blog e achegar unha información interesante en formato audiovisual.

Concretamente queremos recomendar o visionado dunha película de animación con tintes de humor e tenrura, gañadora do premio Goya en 2012  chamada “Arrugas”, na que coñecemos  a historia de Emilio e Miguel dous homes que viven nunha residencia de ancianos e farán todo o posible para que non trasladen a Emilio  á planta das persoas con demencia cando este comeza a amosar síntomas de deterioro.

A continuación deixamos o link do trailer da mencionada película:

 

Alguén coñecía esta película? Que opinades dela?

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *