Propósitos 2019 – XULLO (7º)

 Chegamos o sétimo mes nesta serie de propósitos para mellorar a saúde mental, noraboa polo traballo feito este medio ano!. Ata agora traballaches a importancia de incluir o sentido do humor,  o exercicio físico  e o exercicio cognitivo no día a día, traballaches na mellora da autoestima,  analizaches e modificaches a forma de enfrentarte ós conflictos, e neste último mes centrácheste nas túas relacións sociais, aprendendo a identificar as de calidade que aportan cousas positivas ó teu día a día. Nesta ocasión falaremos da importancia de responsabilízarse dos actos propios, os bos e os malos.

 

Ó porque é relevante traballar este aspecto radica en que todo acto ten unhas consecuencias, que as veces son boas e as veces son malas, e as veces implican a una soa persoa pero ás veces afectan a moitas, polo que temos que tomar conciencia de como as veces proxectamos problemas internos noutras persoas cas que temos relación.

 

 

Centrándonos na responsabilidade emocional, pensemos nun segundo en que cando as persoas están tristes, enfadadas, frustradas…teñen a tendencia a atribuir a responsabilidade de como se sinten a outros, e cando son os outros os que se sinten mal, atribuense a causa do mal alleo. Ambas posturas supoñen unha carga irresponsable para o desenvolvemento persoal, o adecuado é asumir a responsabilidade das cousas que nos suceden, aprendendo a xestionar ás emocións como a rabia, os celos a ira e a tristeza co fin de controlar cada un o seu benestar propio sen depender dos demais. Non se trata de “non molestarse nunca” senon de dirixir eses enfados, eses sentimentos “negativos” hacia o crecimiento persoal, evitando recrearse nos dramas persoais que non levan a ningures e buscando solución reais.

 

Por outro lado, en canto a responsabilidade dos nosos actos, pensemos en primeiro lugar na atribución que facemos dun tipo concreto de actos propios que nos implican solo a nos: os logros e os fracasos….as veces considerámolos como consecución propia (atribución/locus interno) e as veces como efectos alleos (atribución/locus externo).  É necesario entender que cando alcanzamos unha meta polos nosos actos debemos darnos o recoñecemento merecido e cando fracasamos intentando conseguir algo, non se debe a influencia externa senon a erros nosos polos que non temos que machacarnos senon aprender deles para a próxima vez alcanzar o obxetivo. En segundo lugar e nesta ocasión facendo referencia a actos que implican tamén a outras persoas pensemos un segundo no proceso que hay detrás das discusións con outros e das críticas malvadas que pode facer unha persoa sobre outra…ambas situacións suelen orixinarse como consecuencia dunha emoción intensa como a ira chegando a dicir cousas que noutro momento de tranquilidade non se dirían. Nestas situacións debemos reflexionar dándonos conta de como ambas partes nunha discusión teñen responsabilidade sobre o que están a dicir e facer, co fin de chegar a unha solución o antes posible.

En resumo,  debemos darnos o crédito que merecemos polos nosos logros, e darllo os que o merezan. Tamén temos que aprender a reconocer os nosos fallos e aprender a pedir perdón cuando actuamos mal, xa que é o primero paso para correxir e mellorar como individuos.

Ademais, no proceso de responsabilizarnos dos nosos actos, debemos  entender que as conductas e os pensamentos están guiados polas emocións, e estas guiadas polos anteditos nun ciclo que debemos analizar cada un para poder controlar.

 

A primeira tarefa deste mes implica a reflexión e o uso de lápiz e papel. Consiste en facer unha lista dos logros acadados ata o momento na nosa vida: amizades feitas, logros académicos e laborais, hobbies perfeccionados, experiencias vividas, aprendizaxes alcanzadas, coñecementos, habilidades, etc para posteriormente analizar que virtudes nosas permitiros que os conseguisemos. Por exemplo: alguén que sabe fritir un ovo pode entender que para poder facelo tivo que aprender primeiro sobre a cantidade de aceite que se precisa, o tipo de sartén, aprender a usar espumadera e coñecer o punto co que lle gusta comelo (con puntilla, ca xema pouco feita….) etc.

A segunda tarefa vai relacionada co crecimiento persoal a través da aceptación de erros de criterio que tivemos no último mes. Por exemplo, discusións con outros e/ou malas formas, críticas e malos xestos hacia outros ou hacia nos mesmos que debemos intentar correxir e eliminar dos nosos hábitos. Desta forma, se este mes criticámonos por como iamos vestidos ou peinados un día, ou por unha decisión que tomou alguén do noso entorno, aceptemos que non son boas formas e intentemos correxilo cun xesto da mesma intensidade pero dirección oposta, como pode ser dedicarnos unha boa palabra frente ó espello por ir ben peinados e vestidos e entreguemos  palabras calidas de apoio ós outros por unha decisión que tomou alguén do noso entorno, e/ou agradezcámosle a alguén que fixo algo por nos. Porque todo bo acto ten recompensa, e para mostra, un botón: 

 

Links ás publicacións anteriores desta serie de propósitos:

One thought on “Propósitos 2019 – XULLO (7º)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *