A soidade na vellez

 

 

 

A escritora española Carmen Martín Gaite reflexa ben no anterior fragmento a necesidade das persoas de vivir en comunidade como elemento imprescindible para o benestar emocional. E a pesar de que esto é un concepto extendido a nivel social, na actualidade o sentimento de soidade  chegou a convertirse nun problema que afecta a un porcentaxe elevado de persoas e máis específicamente de personas maiores.

Dende pequenos,  creamos vínculos afectivos cas persoas do noso entorno  co fin de comunicarnos con eles e así atender non só as nosas necesidades básicas (alimentación, aseo…) senon tamén as nosas necesidades emocionais e de realización persoal e social. En concreto, a participación social das personas en diferentes actividades comunitarias preven o illamento e ó fortalecer as redes de apoio ó sentirse integrados como parte da sociedade. Esto é sinxelo nalgunhas etapas da nosa vida pero vaise complicando a medida que envellecemos, posto que, dende pequenos ó vernos “forzados” a estar en comunidade (colexios, actividades extraescolares, campamentos, clubs….) solemos crear vínculos facilitados pola exposición diaria con persoas cas que compartimos ditas actividades, mentres que ó ir crecendo, co aumento de responsabilidades, moitas personas deixan de participar en actividades sociais e de ocio e por tanto van pechando os seus círculos de contacto. Este constitúe un dos motivos polos cales as persoas perden contactos e illánse ó envellecer convertindo esta situación nun problema de saúde pública que debemos previr fomentando a participación e a convivencia interxeneracional.

 

 

Por tanto, o primeiro punto clave atópase no compromiso activo con actividades que impliquen entornos sociais (talleres de actividades, centros socioculturales, clubs de lectura, grupos relacionados con aficións como a pesca, a costura, os deportes, os debates ou cualquer afición persoal comunitaria) que permiten ampliar e manter os vínculos afectivos con outras persoas e establecer relacións clave para protexerse do sentimento de soidade e non illarse.

 

O segundo punto clave a intervir é o relacionado co cambio dos modelos de convivencia familiar que fixeron que o número de personas maiores que viven solas sexa cada vez maior, buscando a autonomía e a intimidade que proporciona “estar só” pero con problema de que en ocasións esto transformase en “sentirse só”. Con esto queremos resaltar a diferencia entre a soidade elexida e a soidade sufrida, xa que problema non é o feito de vivir só, quen física e socioeconómicamente poida facelo, senon o feito de que co declive orgánico paulatino característico da vellez  é necesario poder contar cunha rede de apoio, sendo isto de especial importancia para todos aqueles casos de persoas que ademáis estén coidando dalgún familiar enfermo.

 

 

A modo de conclusión é importante entender que non todas as persoas son iguais, nin teñen os mesmos intereses, por iso non hay unha solución máxica para previr a soidade máis que o simple feito de que cada un se implique nas actividades SOCIAIS que lle interesen. É dicir, non todo o mundo vai a querer participar nun club de lectura, pero é que a clave non é a lectura senon o concepto de club, un espazo no cal  relacionarnos con outras persoas, establecer vínculos sociais de calidade e ser felices.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *