Rematou o Activerán 2019

Un ano máis tivemos no Gabinete ETAPAS o taller de convivencia do verán, o Activerán. E unha vez máis rematou.

Momento de traballo realizando fichas que logo poñemos en común

Nos días que dura este Taller, os obxetivos das profesionais de ETAPAS foron a divulgación dunha cultura xeral así como unha educación en valores de convivencia social de respeto e empatía, de conductas axeitadas. Uns días nos que deixar voar a creatividade e fomentar a solución de problemas e a igualdade. Sen esquecernos da importancia dunha vida saudable, o facer deporte, o medio ambiente, o noso entorno e o comercio local… Por iso traballamos na aula temas que nos interesan a todos para o día a día nunha convivencia social, pero sen quedarnos só na teoría senón dando un paso máis e “coñecendo a realidade” nunha exposición in vivo experimentando en cada neno iso do que falábamos na aula.

Como facíamos iso? Pois grazas á visita de expertos que acudían ao noso gabinete ou ás visitas que realizamos á Horta de Dubra, á Residencia Puentevea ou ao Super da Plaza Cacheiras.

Este programa de Coñecemento da Realidade que as profesionais de ETAPAS levamos a cabo durante os talleres de convivencia vén respaldado pola teoría psicolóxica de que aquilo que experimentamos queda mellor adquirido na nosa persoa e xunto con pautas aos pais podemos realmente acompañar na educaciòn dos nosos nenos deixando que eles experimenten o mundo que os rodea e descubran por que é preciso organizarse na cociña, ter un presuposto, o uso das matemáticas ou distiguir o significado de palabras así como saber entender e respetar ao que temos ao lado ou en fronte. Coñecer que os actos teñen consecuencias boas e malas, que non se trata de castigos, pero que sempre hai consecuencias e debemos pensar, coñecer o que sentimos e controlar os impulsos.

E facemos todo iso nun grupo reducido e diverso porque entre a diversidade aprendemos ata sen darnos conta.

Foto de grupo ainda que non puidemos estar todos

Nas vindeiras semanas contaremosvos máis anécdotas aprobeitando que se achega o novo curso.

Neste mesmo blogue podedes atopar outras actividades anteriores e a nosa experiencia.

No relativo a talleres de convivencia, na pestana de eventos poderedes ir coñecendo cando sae un taller no que poder participar!

Nunha actividade de manualidades realizando un salvamanteles con pinzas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *