“Unha historia fascinante” Relato gañador do III Concurso de relatos Letras Galegas

Remata o mes de setembro e comezou o curso. Para comezar de cero tíñamos algo pendente con vós: a publicación do relato gañador do III Concurso Literario Letras Galegas que dende o Gabinete #ETAPAS organizamos durante o mes de maio.

O gañador deste ano foi Brais. Nas bases pedíamos que o tema base fose Galicia e a historia de Brais cautivounos, aquí a tedes:

 

Unha historia fascinante
Onte á noite estábamos vendo unha película no salón da miña casa e miña avoa comezou a dicir que moito cambiara a casa. Comezou a contar que antigamente onde hoxe é o salón antes había dúas cortes con dúas vacas chamadas “Parrula” e “Paloma”. Entón a min picoume a curiosidade e comecei a preguntar cousas. Ela contoume que non tiñan tractor e que tiñan un carro que era empuxado polas vacas. Ian con el á herba, ao toxo, á leña… Tamén me contou que muxía as vacas a man porque non tiñan muxideira, e que ese era o leite que almorzaban cada mañá na casa.
Ás veces viña o veterinario e poñíalle unha semilla á vaca e despois de nove meses nacían os becerros. Dunha vez Parrula tivo unha becerriña chamada “Lola” que lle gustaba moito ir pacer á leira.
Ao final non vin a película, pero miña avoa contoume unha parte da súa vida: as vacas.

One thought on ““Unha historia fascinante” Relato gañador do III Concurso de relatos Letras Galegas

  1. Con una sencillez pasmosa, este niño nos ha hecho retroceder con su relato a la historia de la Galicia de hace 40-50 años en una casa de aldea. Brais : Después de disfrutar de tu talento, deseo de corazón que llegues a ser un buen cardiólogo, aunque yo te veo más como político. Saludos desde Barcelona para ti y tu familia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *