Agasállame tempo

Pecha os ollos e recorda. Recordas ese momento do día da festa coa familia ou de ir á praia cos teus? De ir á feira ou de xuntarse cos amigos? Ese momento no que choraches coa risa ou aquel no que máis te emocionaches? Si te paras a pensar non son momentos nos que primen cousas materiais senon situacións que compartimos con persoas que queremos.

Á consulta chegan problemáticas familiares que radican na non aceptación da espera, nas rabietas, no aburrimento, falta de motivación ou de solución de problemas dos nen@s. Tras unhas sesións de traballo conxunto adquírese outra visión e solucionase o tema relativamente pronto. Tantos agasallos fan pensar que se pode conseguir de todo sen importar nada.

Cando chega o momento de agasallar facémolo cubrindo aos nen@s de xoguetes e productos materiais para que “non lles falte de nada” e vaian á última. Algunha que outra vez incluso pretendemos que un xoguete cubra a falta de tempo que botamos no traballo, pero logo fáltanos empatía e expresión de emocións. Aos nenos hai que explicarlle as cousas acorde á súa idade, traballar é algo necesario, pero iso pode servir para explicar que eles teñen que estudar. E nas responsabilidades da casa compartir momentos ao tempo que lle aprendemos sobre a vida sin que se dean conta (axudar a recoller no xardín, coa roupa, colocar cousas o día de limpeza, na cociña coa comida…).

Os fillos ao final recordan momentos non xoguetes, e si pechamos os ollos nós, os adultos, tamén. Así que ti que me estás lendo agora, recorda, este Nadal, e sempre que poidas, agasalla tempo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *