“Luns azul?”

De que cor viches o día de hoxe? Porque seguen a decir que hoxe é o “luns azul“, un termo acuñado polo psicólogo Cliff Arnall no 2005 para sinalar o terceiro luns de xaneiro como o día máis triste do ano no hemisferio norte, posto que en inglés “Blue Monday” significa “Luns Triste” ao vincular o azul con esta emoción.

Pero a pesar de vinculalo a algo emocional o certo é que non deixa de ser unha estratexia de marketing ideada pola axencia de viaxes Sky Travel xa desaparecida, que intentaba aumentar as súas ventas nesta época do ano e deu lugar á gran polémica.
E a veces parece que acaban convencéndonos de tal maneira que chegamos a poñernos tristes só porque “iso é o que toca hoxe“.

As claves nas que se basearon para referirse a este luns como o “mais deprimente” foron unha “fórmula matemática” que incluía os seguintes factores que se dan en xaneiro no hemisferio norte: factor económico (porque se sae dunha inversión de nadal…e comeza a costa de xaneiro), factor climático (porque o tempo invernal sen poder saír contraponse a cando en verán aprobeitamos o máximo de horas), factor motivacional (os propósitos de aninovo non sempre saen ben).

Pero…realmente é un día triste? Seguro que non temos estas mesmas situacións en máis momentos do ano? Debemos deixarnos levar porque digan que hai un día triste?
Hai quen disfruta do frío. Hai para quen a época de nadal ou de inverno é na que máis produce o seu negocio e polo tanto gaña máis. Hai quen pon os seus logros e obxetivos de menos a máis e se engrandece por conseguilos pouquiño a pouco.

Por iso…non sexades tristes porque vos digan que é triste. Desfrutade cada día do que cada día vos ofreza. Reflexionade, pensade no que tedes e tamén no que non tedes, porque sendo conscientes de nós mesmos e da situación, será cando poidamos actuar.

E si toca tristeza…vivide esa tristura! Xa o di a película de Inside Out moi acertadamente: alegría e tristeza precísanse!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *