Un día tonto?

Que hoxe non tes o día?
É un día tonto?

Non sempre podemos con todo e iso non é malo.

Ás veces enfadámonos e non sabemos con quen, resultando ser con nós mesmos. Como di @Rosana : “hoy no soy persona para estar con gente”.

Porque a veces o que facemos é contestar mal ou pagalas con aquelas persoas que temos preto, pero que non teñen culpa do que nos poida estar pasando no torbellino emocional que ten a nosa mente… Non temos ganas de nada, o corpo pesa máis do habitual, non expresamos, e ata parece que todo nos da igual.

Non descansar ben, non poder concentrarnos, que tropecemos con todo, que non saia unha a dereitas, que pareza que todo o universo se puxo dacordo para que ningunha cousa da que nos pasa pareza boa, que aquelo que queremos non o demos conseguido…que todo o que nos din molesta…todo fai que o noso humor se cargue e se distorsione. Que o mesmo que nos da por rir, choremos. Que de estar tan tranquilos saltemos enfadados. Que a cabeza comece a doernos, a espalda se tensione e case non sexamos capaces de abrir os ollos.

Isto pásanos ás persoas porque non somos seres programados metódicamente. Porque non podemos apagar apartados da nosa mente ainda que teñamos que ser capaces de manter separados certos ámbitos da nosa vida.

Algunha que outra vez non nos entendemos nin a nós. E iso mesmo ata tamén nos enfada. Deixar pasar a tormenta non é fácil. Nada fácil. Cando nos sintamos así debemos pausar. Darlle a “stop” na nosa cabeza e tomar un momento para nós mesmos.

Un pouco de música, un autoregalo, e autoanalizarnos para ser conscientes de como estamos e así ser capaces de autocontrolarnos cando alguén non responsable do noso estado fale con nós.

A maioría das veces non somos capaces de saber por que nos atopamos así nese momento, polo que debemos permitirnos non poder con todo de vez en cando, conseguir calmar a mente e seguir, porque hoxe non temos o día, pero mañá comezará outro.

Se non podes só, para iso estamos nós. Non penses no psicólogo como algo ao que recurrir si estás tolo, porque entón xa non somos nós a quen precisas. Chamarnos é ser valente e dar un paso para o teu benestar, e aí sí que se aparece un problema, somos a túa solución. (686269424)

Ante todo é importante que sepas que este estado caótico-emocional nos pasa a moita xente, xa o di Rosana:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *