Agotado/a?

E de repente, un día máis, un día menos, e…PARANOIA!

Sí, paranoia. Porque xa non sabes si actuaches ben, si te desinfectaches correctamente, si estarás contaxiada ou si xa levaches o “bicho” á casa.

Hipervixiancia, alerta constante de que tocas e como fas as cousas, de como está unha ou outra persoa. Nervios no estómago, intranquilidade, a tensión aumenta, doe a cabeza, os músculos agarrótanse… Enfado, si, porque estás enfadado/a, pero non sabes con quen ou con que, ou si contigo porque non das con todo ou te esqueces ou te equivocas, e sen darte conta estaslle berrando a quen non o merece e iso mesmo tamén te enfada.

Pero non pasa nada, un día máis, un día menos…calma. Hora de deitarse, xa todo recollido, ou os nenos na cama…toca descansar…ou iso era o que pensabas!!

As horas máis tranquilas que podías ter e… a cabeza segue atendendo ás túas responsabilidades, segue anticipando xa o que vai ser o día de mañá, ou senón revive o que fixeches (ou non) hoxe.

A dor de cabeza non para e…por que se me dorme un brazo? Agora que estou tranquila por que non podo dormir? Por que estou intranquila? Que é esta taquicardia? Non dou respirado, parece que as mantas pesan un tonel…o pixama apreta máis do normal…

Pois nada, toca dar a benvida á…CRISE DE ANSIEDADE

E así, día tras día, é como desenvolves un Trastorno de Ansiedade.

Pasa un día e pasa outro, e a medida que ti xa non comes, a ansiedade aliméntase da túa enerxía e sen saber parar: CONSÚMETE.

Isto pode pasarche durante a túa actividade actual, e moitas veces superamos sen síntomas unha etapa que require de nós unha atención constante, pero sen máis somos capaces de continuar a nosa vida con normalidade. Outras veces podemos manifestar estes síntomas no momento no que desenvolvemos a actividade o cal significaría que desenvolvemos un Estrés patolóxico. Noutras ocasións esta sensación desenvolvémola pasado un tempo, nese caso desenvolvemos en nós Estrés Post-traumático.

Estas situacións psicolóxicas son habituais en profesións sanitarias e mestres durante todo o ano por ser as profesións que máis síndrome de Burnaut padecen, pero na situación de carácter mundial que estamos a vivir coa pandemia do Coronavirus, máis profesionais o sofren, e sanitarios que nunha situación normal igual o superaban sen trascendencia, agora resulta complicado sen axuda.

Estamos a vivir unha época que se prolonga no tempo e que fai que vaiamos acumulando sensacións e situacións. Non debemos ter medo de pedir ou recurrir a unha axuda externa. O realmente perigoso é tentar levantar todo o peso nós sós xa que para poder seguir axudando precisamos estar ben.

Non o dubides, si nos precisas, somos a túa solución. Da o paso. Seguramente non precises moita terapia, só poñer na mesa todo o que se descolocou dentro de ti, os Psicólogos estamos para axudarche a colocalas.

Moito ánimo, e recorda que es importante e tes capacidade para saír adiante!

Gabinete ETAPAS: 686269424

“Ir ao psicólogo non é de tolos, é de sabios. Ir ao psicólogo non é caro, caro sae perder a túa saúde mental”

2 thoughts on “Agotado/a?

    1. Si que tengo momentos en que estás tan angustiada que parece que te bloqueas,te parece q te falta el aire, que no das respirado.
      Desde q hable contigo no me paso del todo pero parte de mi me da la sensación q estoy mejor pero bueno no niego que me cuesta.
      Pero tambien reconozco q no me va tan mal.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *