CONCURSO LITERARIO

BASES II CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS: María Victoria Moreno

Este  é un concurso literario organizado por ETAPAS Gabinete Psicoeducativo co fin de promover a figura de María Victoria Moreno, escritora á que se lle adican este ano as Letras Galegas, e así mesmo fomentar a escritura.

 

 

 

Idade:
Pode participar calquera neno ou nena entre 7 e 12 anos.

Data do concurso:
Dende o 1 ata o 31 de Maio.

Resolución:
O nome dos premiados farase público o Sábado 9 de Xuño a través da páxina de Facebook  e Blogue de ETAPAS, onde tamén figurará o día e lugar da entrega de premios.

Formato:
Trátase de escribir un conto mediante Relato BREVE.
Con temática libre.
Cunha extensión máxima de 1400 caracteres (Sen contar Espazos).
Escrita en Galego.

Forma de entrega:
Vía mail en PDF: etapasgabinetepsicoeducativo@gmail.com

O PDF estará firmado con pseudónimo e a maiores enviarase outro documento que leve por nome “DATOS” onde figurará o nome, apelidos, idade e teléfono do neno ou nena que escribe o relato e que só será descargado en caso de ser un dos premiados.

Correo ordinario: nun sobre que conterá a carta firmada con pseudónimo e outro sobre pechado co nome, apelidos, idade e teléfono de contacto do neno ou nena que escribe o relato e que por fóra levara o mesmo pseudónimo que firma a carta. Enviarase a: Travesía de Cacheiras, 27, Ed. O Grilo portal 1, Baixo C -15883 Teo

Xurado:
Lerán os relatos breves enviados as profesionais de ETAPAS, os directivos de XIRALÚA artesanía e deseño e a directora do TEOVIVO.

Premios:
Un vale desconto nunha papelería de Teo.
Productos de XIRALÚA artesanía e deseño.
A carta do primeiro premio, ademais, será publicada no TEOVIVO.

 

– Dende ETAPAS comprometémonos a gardar e protexer os datos de cada participante aténdonos ao que marca a lei de protección de datos.
– Antes de calquera publicación solicitaremos o permiso do responsable legal do menor participante de maneira escrita.
– A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

Para máis información  ou calquera dúbida, chamar ao 686269424

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *