Eventos

“Esta sección está especificamente dirixida a divulgación da información relativa aos eventos organizados por ETAPAS”.

 

ESTAMOS PREPARANDO…

  • Nos vindeiros meses teremos eventos especiales entre os que destacaran charlas con diferentes profesionales da sanidad e a educación.
  • ACTINADAL…No mes de Decembro retomaremos o noso programa de Coñecemento da realidade, podes ir informándote ou reservando praza, son limitadas!

 

ACTUALMENTE EN ETAPAS….

Estas imaxes anticipan o que terás este mes de Novembro en ETAPAS…

Síguenos no FACEBOOK, nas entradas con máis información no BLOGUE ou informándote a través do formulario WEB ou o tlf 686269424

 

NOVEMBRO

  • Achégase o día internacional da diabetes, e dende ETAPAS cremos que é importante dar a coñecer as implicacións desta enfermidade, así como a importancia de manter unha actividade cognitiva diaria a nivel xeral e especialmente en persoas maiores de 50 anos con este tipo de enfermidades.
  • Por iso, desenvolvemos algúns TALLERES DE DIVULGACIÓN E ESTIMULACIÓN COGNITIVA nos que se traballarán conceptos e coidados relevantes sobre diabetes en adultos.

 

PASADOS

OUTUBRO

 

SÁBADO 27 DE OUTUBRO: Jimmy Escalofríos e a súa autora, Altagracia Bescansa, estarán en ETAPAS para falarnos de Medos Infantiles e contarnos un conto.

ACTIVIDADE DE BALDE!!! Pero sendo NECESARIA INSCRIPCIÓN a través do formulario da web

Aforo limitado.

 

 

 

MARTES 30 DE OUTUBRO: Taller de convivencia preparando o Samaín. Un taller no que poder preparar os teus adornos de Samaín, decorar unha cabaza, escribir conxuros, coñecer a historia de Samaín, e pasalo arrepiantemente ben.

O PREZO será de 10€ e necesitarás inscribirte a través do formulario web (www.gabineteetapas.com) ou no tlf 686269424

 

 

 

 

XULLO

Activerán2018 (2a Edición) 

Ante o éxito da edición pasada, volveremos a ter dúas semanas de actividades en xullo e dúas en agosto diseñadas para os mais peques da casa.

Taller de convivencia “coñecendo a realidade”

Idade: de 5 a 12 anos

Datas: 1ª quincena de julio e 2ª quincena de agosto.

*Pregúntanos ou inscríbete directamente a través do formulario da nosa web http://www.gabineteetapas.com/Web/

MAIO, mes das letras!!

 “Evento especial”

Ademais, durante todo o mes poderedes participar na 2ª edición do noso concurso literario (pronto teredes as bases)

 

SE QUERES IR INFORMÁNDOTE, escríbenos ao noso mail: etapasgabinetepsicoeducativo@gmail.com   ou chámanos ao 686269424

O 17 de maio celébranse as Letras Galegas e non podemos deixar pasar tal festividade en ETAPAS cando un dos nosos obxetivos é achegar a lectura e a escritura, polo tanto as letras, aos máis cativos e non tan nenos. Ademáis tamén festexamos o Día da nai.

Ofreceremos 3 talleres e un evento especial:

  1. “Un conto para mamá” 

Que terá lugar  4 de maio de 17 a 20h e estará destinado aos mais peques da casa, para que disfruten e aprendan valores literarios mentras preparan un detalliño destinado a sacarlle unha sonrisa a suas nais.

 

2.”As letras Galegas” 

– 18 de maio  con dous horarios posibles:

  • de mañá de 10.00h a 14.00h
  • de tarde de 16.30h a 20.00h

 

3. “A expresión a través da escrita”

Os días 11 e 18 de maio terán lugar as sesións 1 e 2 do taller para adultos dedicado a terapia mediante narrativas, para que todos aqueles con dificultades ou interese en aprender a expresar as preocupacions internas poidan facelo. Para maior facilidade de adaptación aos vosos horarios e necesidades, teremos inicialmente dous formatos a escoller entre un de mañá de 10.30 a 12.00 ou outro de tarde de 19.30 a 21.00

 

ABRIL, mes do libro: O vindeiro 23 de Abril celebrouse o día do libro, momento no que aproveitamos para achegarvos este divertido taller para fomentar a lectura e a escritura dunha maneira lúdica.

 

Presentamos un taller de convivencia ACTIARTES, para os días luns 26, martes 27 e mércores 28 de marzo (de semana santa) no que traballaremos a convivencia nun aula, dende unha visión lúdica a través da realización de actividades artísticas especialmente diseñadas para nenos entre 6 e 12 anos, onde a través do noso programa de coñecemento da realidade, descubrirán cuestión do mundo artísctico que logo intentarán reproducir. Este programa de actividades pode resultar especialmente interesante para todos aqueles pais que traballen nestas datas, ademais daqueles nenos interesados nas actividades creativas e en pasar un bo rato con rapaces desas idades. O horario de asistencia será de 9.00h a 14.00h, e terá un precio de 60€ os tres días/ 20€ días individuais.

 

  • No mes de MARZO contaremos con dous talleres moi especiais:

              En primer lugar, para celebrar o día do pai, elaboramos  un taller de escritura creativa para nenos, que terá lugar, os días venres 16 e sábado 17 de marzo de 17.00h a 19.00h da tarde, e no que traballaremos habilidades de expresión escrita de forma dinámica e divertida,  para crear un regalo propio e único para os papás. O precio será dun total de 8€ por neno, e nós proporcionamos todo o material.

Para máis información pincha en: “Un conto para papá”

 

 

 

 

“I XORNADA SOBRE DISCAPACIDADE” – ETAPAS organizou esta Xornada como a primeira dunha serie de charlas de interese social, educativo e de benestar.

AFORO LIMITADO

  • Fecha: 27 de xaneiro de 2018 de 16.00h a 21:00
    Lugar: Hotel Congreso, Montouto, TEO
    Prezo: (Previa inscripción ingresando na conta)

    •  20€  Xornada completa
    • 3€  Proxección do filme (a partir das 18:15 – ata completar aforo)

Conta: ES40 2080 0318 1230 4000 7289
Concepto: “xornada discapacidade+tlf”

  • Estructura:
  1. Apertura:
    ETAPAS
    Edil de Benestar do C. de Teo
  1. Primeira parte da xornada (16:30-18.00): mesa redonda onde os participantes farán unha exposición sobre o seu tema e se fará debate.
    Intervencións:

– Representante de Benestar do Concello de Teo
“O Concello como recurso para asociacións e usuarios no eido da discapacidade”

– Ramón Sestayo, COGAMI
“A Asociación como recurso en Galicia”

– Javier Agrafojo, USC
“O acceso e as posibilidades dunha persoa con discapacidade na USC”

– Dpto. Integración Social, XUNTA
“Axudas ás que acceder e programas de integración social”

————————————      Descanso: 18:00 a 18:30h —————————————————–

  1. Segunda parte da xornada (18:30-21:00): Proxección do filme “Vida” de Rubén Riós e intervención dos protagonistas