Se tes un problema, a calquer ETAPA, somos a solución

O Gabinete

"Na vida existen diferentes ETAPAS, e nós acollémoste naquela da que precises da nosa axuda, sexa cal sexa a que estás pasando"

 

Elaboramos Terapias Adaptadas Para Atopar Solucións

 
 

 

Temos unha historia breve xa que O Gabinete ETAPAS saíu á luz o 16 de decembro de 2016.

Isto non impide que os profesionais conten con experiencia de calidade. Contamos con anos de experiencia e especialidade nos temas que tratamos.

Comezamos con ilusión e estamos creando a nosa Historia.

 
 

Psicoloxía

Realizamos terapias psicolóxicas. Valoramos o teu caso e traballamos contigo para poder darlle solución. Se non estivese nas nosas mans actuaremos como mediador para atopar o profesional que precisas.

Logopedia

Realizamos terápia logopédica en adultos e nenos. Rehabilitación da fala, mellora da dicción, disfagia, distonía...

Evaluación, Valoración e Informes

Evaluamos e valoramos o teu caso mediante probas e os nosos coñecementos profesionais e se o precisas, elaboramos un informe. Podes acudir a nós só para valoracións e informes.

Persoas Dependentes

  • Apoio a familiares coidadores de persoas con enfermidades neurodexenerativas.
  • Taller de Estimulación cognitiva preventiva ou con deterioro leve en adultos (memoria, linguaxe, psicomotricidade).
  • Lectoescritura e Psicomotricidade Fina

    Para un mellor desenvolvemento na lectura, escritura ou expresión, así como na actividade motriz fina da primeira infancia, temos abertos grupos reducidos de traballo nestas áreas.

    Aula Creativa

    Un espazo de convivencia e creatividade para aprender de maneira lúdica nun ambiente semi-individualizado a través do noso programa de "Coñecemento da realidade". Escritura creativa, manualidades, xogos, saídas culturais.

    Divulgación

    Ofrécense charlas dende o Gabinete e para entidades sobre diversos temas de interese para o entorno e para a sociedade en xeral.

    Asociacións e Residencias

    Creamos convenios e contratos de colaboración con residencias da terceira idade para valoracións e evaluacións no seu centro e talleres de Estimulación Cognitiva. Tamén con asociacións que queiran os nosos servizos.

     

    "Atención Domiciliaria"

    O Equipo

    "Un equipo interdisciplinar, porque todo na vida está interrelacionado"

     

    María Vázquez

    Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago
     
    Acreditada como psicóloga sanitaria polo COPG
     
    Experta en demencias neurodexenerativas

    Tamara Blanco

    Graduada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago
     
    Máster en Psicoxerontoloxía

    Lorena Lamela

    Graduada en Logopedia pola Universidade da Coruña

     
     

    Contacto

    Contacta mediante cita previa

    Travesia de cacheiras, 27
    Portal 1, Bajo C
    15886 - Teo

    contacto@gabineteetapas.com

    +34 686 26 94 24
    +34 881 01 86 77